Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Bloggers e influencers de viaxes námoranse do Río Minho

Catro creadores de contido que suman máis de 155.000 persoas seguidoras visitaron adegas, fixeron cicloturismo e coñeceron o patrimonio miñoto para divulgar o territorio como destino en redes

Catro creadores de contido que suman máis de 155.000 persoas seguidoras visitaron adegas, fixeron cicloturismo e coñeceron o patrimonio miñoto para divulgar o territorio como destino en redes

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Mayo de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

Este luns ábrese a inscrición para as actividades de sendeirismo e caiac do domingo 14 de maio en Tomiño e O Rosal dentro do programa ‘Vive o Rio Minho’

 

As persoas autoras dos blogs de viaxe ‘Una idea, un viaje’, ‘Un viaje creativo’, ‘Alvientooo’ e ‘Vigopeques’, sitios que superan as 155.000 seguidoras, fixeron esta semana un percorrido polo territorio miñoto co fin de dalo a coñecer como destino turístico de natureza e familiar dentro da estratexia de divulgación do espazo transfronteirizo posta en marcha dende a Deputación de Pontevedra e o AECT Rio Minho.

 

Participaron na iniciativa Alberto Ribas, coñecido como ‘Alvientooo’, finalista en diferentes premios estatais de ‘influencers de turismo (preto de 48.500 persoas seguidoras); Daniel Keral, responsable de ‘Un viaje creativo’, unha web que recibiu o Premio Internacional de Comunicación Turística en 2017 como mellor blog de revelación de viaxes (case 16.500 perosas seguidoras); Eva Aval, encargada de ‘Una idea de viaje’ e colaboradora de diferentes revistas e na páxina ‘Hostelworld’ (preto de 31.000 persoas seguidoras) ; e Begoña Estévez, de ‘Vigopeques’, un dos blogs de referencia para as familias con crianzas á hora de planificar saídas e viaxes (con preto de 50.000 persoas seguidoras).

 

A impresión ante o potencial do territorio do Miño foi completa e moi satisfactoria pola súa diversidade, polo que as e os prescriptores publicarán contidos nos seus blogs e nas súas redes para compartir a experiencia e recomendar a visita tanto a persoas que opten polo destino de natureza, polo de gastronomía, ou polas posibilidades patrimoniais accesibles.

 

O ‘famtrip’ consistiu nunha ruta de sendeirismo poa senda dos pescadores no Baixo Miño guiada e interpretada por persoal da empresa Xeitura. Tamén se incluíu un petisco e unha degustación na adega Señorío de Rubiós, ademais dun pequeño paseo e comida por Monçao, despois da que se fixo un percorrido en bicicleta pola ecovía entre Monçao e Valença do Minho cunha visita á Torre de Lapela. Para rematar tamén houbo unha visita guiada a Caminha, non podendo ser posible por dificultades de última hora a visita ao Forte da Ínsua.

 

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez salientou que estas iniciativas de potenciación do territorio a través de persoas prescriptoras atraen turismo de calidade como o que busca a marca ‘Rio Minho’. “Os turismos de natureza teñen moito futuro e é preciso posicionarse tanto para as potenciais visitas de proximidade como para xente que chegue máis de lonxe”, apuntou, sinalando a aposta por crear un produto non masificado, de calidade, a medida, e alternativo.

 

 O ‘famtrip’ para as persoas prescriptoras está incluido dentro das actividades ‘Vive o Río Minho’ organizadas pola Deputación dentro do programa homónimo financiado con fondos europeos do Interreg, polo que tamén se realizou a camiñada do pasado domingo 30 de abril entre Vila Nova de Cerveira e Goián (Tomiño).

 

A vindeira actividade, xa aberta de novo ao público, terá lugar o domingo 14 de maio e terá lugar en Tomiño e O Rosal, cunha proposta de ruta de sendeirismo pola chamada Senda dos Pescadores, para facer despois o treito inverso en caiac polo río. Ambas rutas estarán guiadas e interpretadas, discorrendo por unha paraxe natural e cultural de moita beleza. A xornada ocupará o día completo, dende as dez da mañá ata as 19.30 horas. As inscricións estarán abertas dende o 8 de maio na web da Deputación (depo.gal).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí