Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BNG emenda os Orzamentos do Estado para incrementar o investimento no Baixo Miño

A fronte nacionalista establece como prioritario rematar as obras duns 30km que permitiría conectar Galicia con Portugal e demanda a posta en marcha dun medio máis eficaz e sustentábel entre A Guarda e Caminha

A fronte nacionalista establece como prioritario rematar as obras duns 30km que permitiría conectar a Galiza con Portugal e demanda a posta en marcha dun medio máis eficaz e sustentábel entre A Guarda e Caminha

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Noviembre de 2022

Fuente: BNG

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou emendas aos Orzamentos do Estado para 2023 para incrementar o investimento no Baixo Miño, particularmente na implantación do servizos de cercanías ferroviarias e a mellora das comunicacións. A fronte urxe o Goberno do Estado a rematar os pouco máis de 30 km de vía que permitirían conectar a Galiza con Portugal nunha liña de alta velocidade e favorecer a actividade económica da comarca do Baixo Miño a través da conexión da Guarda con Caminha.

“Non pode ser que a Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana diga que as obras para a conexión da Galiza con Portugal por liña de alta velocidade estarán rematadas, pola parte do Goberno español, en 2040” denuncia o deputado do BNG. Rego lembra que o Estado só debe completar un treito de pouco máis de 30 quilómetros, en contraposición ao Goberno portugués que prevé  a finalización das obras antes de 2030. “A conexión de alta velocidade Vigo-Porto é estratéxica para o desenvolvemento social e económico da Galiza, por iso reclamamos incorporar unha partida de, cando menos, 15 millóns de euros para dar un impulso decidido a esta obra e rematalo no vindeiro exercicio económico” demanda.

Ademais desta obra, en materia ferroviaria a frente nacionalista reclama a implantación do servizo de cercanías ferroviarias nas principais cidades e as súas áreas de influencia. Para a candidata á alcaldía do BNG no Concello de Tui, Carmen Núñez, a conexión con Vigo e Pontevedra con frecuencias adecuadas e prezos máis baixos -como corresponde aos servizos de ‘Cercanías’ de  Renfe- sería fundamental para a veciñanza de Tui . A rexión urbana de Vigo-Pontevedra ten uns 750.000 habitantes mais non conta con este tipo de servizos, mentres que outras cidades do Estado con menos de 270.000 si que gozan do tren de proximidade” denuncia o deputado nacionalista.

Ademais, a organización nacionalista rexistra unha emenda para mellorar a conexión entre A Guarda e Caminha, para facela máis eficaz e sustentábel. Para iso o deputado do BNG defenderá incorporar unha partida de cinco millóns de euros que posibilite a posta en marcha dun medio de transporte que permita salvar o Río Miño, preservando o seu alto valor ecolóxico.

“O transbordador Santa Rita de Cássia, aínda que permitiu a conexión entre as dúas localidades desde 1995, está obsoleto e precisa ser substituído. As avarías continuadas e o abandono do embarcadoiro por parte de portos da Galiza fixeron inservíbel este medio de transporte empregado tanto por vehículos como por persoas” explica o candidato á alcaldía da Guarda polo BNG, Anxo Baz. Segundo destaca o portavoz municipal, para a actividade económica da Guarda como o resto da comarca do Baixo Miño, resulta “fundamental recuperar un modo eficaz de comunicación coa localidade portuguesa”.

Alén do máis, a frente nacionalista demanda a incorporación dunha partida, xa prevista no proxecto de Orzamentos do Estado para 2011 e que non foi executada “nin nese curso económico nin en seguintes” para a biblioteca de Tomiño. A alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González, cre que esa partida de medio millón para a Biblioteca é fundamental “e que, desta volva, sexa executada”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí