Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Bombeiros/as comarcais en folga por unhas condicións dignas levan as protestas ás Deputacións

O venres mobilizáronse diante do pazo provincial pontevedrés, onde se produciron algunhas cargas por parte da Policía española

O venres mobilizáronse diante do pazo provincial pontevedrés, onde se produciron algunhas cargas por parte da Policía española

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Octubre de 2023

Fuente: CIG

Máis de 200 bombeiros/as dos parques comarcais galegos, en folga dende o pasado 15 de xuño para reclamar unas condicións laborais dignas, mobilizáronse hoxe diante da Deputación de Pontevedra no marco do calendario de protestas anunciado o pasado luns despois de que a Xunta e os catro organismos provinciais non se presentasen ao encontro previsto co comité de folga para intentar atopar una solución ao conflito.

 

A principal demanda do colectivo, integrado por uns 500 traballadores/as, pasa por que as administracións fixen un calendario de negociacións para igualar as condicións de todos/as os bombeiros/as de Galiza e que se cumpra coa sentenza do TSXG que os recoñece como persoal laboral fixo. Mentres isto non suceda manterán a postura implantada desde o comezo da folga, consistente na non realización de servizos extraordinarios voluntarios. “Esta medida está a demostrar sobradamente que o servizo carece do persoal suficiente mesmo para garantir uns cuestionados servizos mínimos de tres efectivos por día en cada parque de bombeiros”, sosteñen.

 

De igual xeito, desenvolverán novas mobilizacións como a de hoxe diante das sedes das restantes Deputacións Provinciais os vindeiros 23 (Ourense), 27 (A Coruña)  e 31 de outubro (Lugo), ademais dunha manifestación o próximo 17 de novembro.

 

Cargas policiais

 

Na concentración de hoxe ás portas do pazo provincial pontevedrés, que se iniciou arredor das 11:30 horas, tomaron parte máis de 200 efectivos de distintos parques de bombeiros/as do país. A mobilización transcorreu con normalidade entre berros de “Bombeiros solución” e “Dimisión” até que se produciron varias cargas policiais por parte dos axentes que custodiaban a entrada do edificio supostamente para evitar a entrada dos bombeiros/as ao seu interior.

 

Dende o comité de folga denunciaron a actitude dos responsábeis políticos autonómicos e provinciais e anunciaron que continuarán coas protestas unha vez que “ninguén se puxo en contacto con nós para abordar unha solución ao conflito”, en palabras do presidente do comité de folga, Ángel Moldes, da CIG.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí