Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Breve repunte do emprego en Galiza polo aumento da precariedade na contratación

O paro descendeu unicamente no sector servizos e medrou nos que mellores condicións laborais teñen, como industria ou construción

O paro descendeu unicamente no sector servizos e medrou nos que mellores condicións laborais teñen, como industria ou construción

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Enero de 2024

Fuente: CIG

O mes de decembro pechouse con 129.504 persoas anotadas no SEPE en Galiza como desempregadas, 1664 menos que as rexistradas en novembro, o que supón un descenso do 1,27%. Esta leve baixada do desemprego está motivado polo aumento da precariedade na contratación, tendo en conta que son os sectores con peores condicións laborais os que concentran o medre do emprego. De feito, a práctica totalidade das novas contratacións rexistrouse no sector servizos, con 1637 persoas paradas menos dun total de 1664. Pola contra, o paro incrementouse nos sectores con mellores condicións, como a industria ou a construción.

Tal e como sinala, o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, a última reforma laboral e as novas modalidades de contratación están a provocar un aumento imparábel da precariedade como consecuencia dun modelo económico baseado na inestabilidade laboral que potencia os sectores máis precarios. De xeito que malia que a contratación indefinida medra, faino da man da inestabilidade laboral mediante o abuso da contratación a tempo parcial e da fixa descontinua, dos ERTE como medida de flexibilidade ou, tal e como se constata mes a mes, no incremento da contratación a través de ETT a un ritmo superior ao que se rexistraba antes da reforma.

“En consecuencia, vemos como nos sectores con mellores condicións laborais, como a industria e a construción, o número de persoas paradas aumenta, mentres que os que peores condicións teñen, como o sector servizos, experimentan un lixeiro medre do emprego. Unha baixada do paro que se rexistra tradicionalmente coincidindo coa campaña de Nadal polo tirón do comercio e da hostalaría nesas datas”, explica Sío.

O responsábel sindical fai fincapé en que estes contratos precarios “que se disfrazan baixo o modelo de contratación fixa ou fixa descontinua” afectan principalmente ás mulleres, tal e como a CIG vén denunciando dende a entrada en vigor da reforma. “Até o punto de que a práctica totalidade da baixada do paro rexistrada foi entre as mulleres”.

Caída da afiliación á Seguridade Social

Ao mesmo tempo produciuse unha caída da afiliación á Seguridade Social, con 1283 persoas menos en decembro, mentres que a interanual tivo un comportamento positivo. “Isto ten que ver con que aínda que se creou emprego medrou a contratación temporal por circunstancias da produción, que continúa ao mesmo nivel que antes da reforma xa que o único que fixeron foi cambiar o contrato por obra e servizo polo fixo descontinuo”.

Para Sío, aínda que poida parecer que este tipo de contrato trae maior estabilidade “na práctica non é así”. Neste senso, lembra que de feito o Goberno español vén de aprobar unha reforma das prestacións por desemprego para que sexa o propio Estado o que asuma os períodos de inactividade das persoas traballadoras. “De xeito que utilizan este modelo de contrato como unha ferramenta de flexibilidade sufragada con cartos públicos que xera inestabilidade e impide a conciliación da vida laboral e familiar”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí