Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

CAAN pecha 2022, outro ano excepcional, con 616 adopcións de cans e cadelas que atoparon un fogar

O Centro de Acollida da Deputación logra o seu segundo mellor rexistro histórico. Vigo, con 76 animais, foi o concello con maior número de adopcións

O Centro de Acollida da Deputación logra o seu segundo mellor rexistro histórico. Vigo, con 76 animais, foi o concello con maior número de adopcións

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Enero de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

O centro da Armenteira reduciu tamén o número de recollidas, un total de 1.187 fronte ás 1.210 de 2021. Máis da metade dos animais puideron ser devoltos ás persoas propietarias

 

Por segundo ano consecutivo, o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra superou a simbólica e espectacular cifra das 600 adopcións. O 2022 converteuse así no segundo mellor ano da historia do centro, cun total de 616 animais que atoparon un novo fogar na provincia, en Galicia e mesmo noutros territorios do Estado e do estranxeiro. Son só 44 cans e cadelas por debaixo do récord acadado no 2021, en que foran 660 as adopcións. A institución provincial destaca así mesmo no balance do pasado ano a redución, aínda que leve, das recollidas de animais, 1.187 fronte ás 1.210 do 2021, así como a incorporación doutros dous concellos, Oia e Salceda de Caselas, ao servizo que presta o CAAN as 24 horas dos 365 días do ano para facer fronte ao abandono animal na provincia.

 

Coas 616 adopcións do pasado ano, o CAAN suma xa un total de 3.206 desde o 2015. Das acadadas no 2022, 4 foron no estranxeiro (2 en Alemaña e 2 en Suíza) e o resto en España, a maioría en Galicia (535), seguidas de Castela e León (53) e Asturias (14), Madrid (5), Andalucía (1), Canarias (1), Murcia (1), Comunidade Valenciana (1) e Castela A Mancha (1). No que se refire a Galicia, 459 foron na provincia de Pontevedra, 25 na Coruña, 45 en Lugo e 6 en Ourense. O Concello con máis adopcións foi Vigo (76), seguido de Pontevedra (42) e Gondomar (35), e hai que destacar tamén as rexistradas en Sanxenxo (22), Meis (19), Poio (16), Meaño (16) ou Vilagarcía, Marín, A Estrada, con 14. A cifra de 600 animais cun novo fogar alcanzouse o pasado 22 de decembro, en que saíu do centro “Poncho”, que fora recollido un mes antes en Sanxenxo e marchou para Vilagarcía.

 

Outro dos datos a destacar no 2022 é que se puido dar saída aos animais que máis tempo levaban no CAAN, que alberga nestes momentos a preto de 250 cans e cadelas. Na actualidade, só hai un can (“Pasalo”, de 8 anos e que fora recollido en Sanxenxo) que permaneza no centro desde o 2020 e o resto dos veteranos levan desde o 2021. En canto aos de maior idade, saíu “Puri”, que con 11 anos era a avoa do centro e agora sucédelle “Ponta”, de 9 anos, unha sabuesa recollida en novembro en Pontecesures e que busca unha familia coa que vivir. Neste senso, a Deputación e o CAAN agradecen a labor que están a facer moitos colaboradores e colaboradoras para axudar a dar saída a estes avós e avoas, así como, por suposto, ás persoas que están a adoptar a estes animais, que a priori teñen máis problemas para atopar un fogar.

 

Recollidas

Por outra banda, aínda que segue a ser tristemente elevada, tamén hai que falar dunha leve redución nas recollidas que ao longo do 2022 efectuou o persoal do centro. Foron un total de 1.187, 23 menos que no ano anterior, e cunha media mensual de 156,1, o que supón unha baixa do 1,9% respecto ao 2021, en que foran 159,2. Amais, da cifra total de animais rescatados, máis da metade, 548, puideron ser recuperados polas persoas propietarias, xa fora no lugar onde se produciu o aviso (240) ou nas propias instalacións do CAAN (308).

 

Así mesmo, hai que destacar que un dos grandes obxectivos que está a lograr o CAAN é que os animais recollidos pasen cada vez menos tempo nas instalacións e atopen máis cedo un novo fogar. Deste xeito, nos últimos dous anos reduciuse á metade, ao pasar dos 123,8 días no 2020 aos 56,1 no 2022, e no 2022 baixou tamén 13 puntos respecto ao 2021, en que era de 69,6.

 

Fronte ao abandono animal, o centro da Deputación seguirá a incidir neste 2023 nas campañas de sensibilización. A última posta en marcha foi “EduCAANdo”, dirixida especialmente a escolares de Primaria e ten como peza central o libro “Benvida á casa, Onza”, do que xa se repartiron máis de 1.500 os exemplares en centros educativos para o seu uso como material didáctico. No 2022, no marco desta campaña as instalacións da Armenteira recibiron a primeira visita dun centro escolar, o CPI Mosteiro de Meis, cuxos alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria desfrutaron cunha xornada especial coñecendo aos animais do centro e vendo como traballa o persoal do CAAN. Este 2023 retomarase este programa de visitas.

 

Trala incorporación de Oia e Salceda de Caselas, son xa 52 os concellos de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións.  O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. As adopcións son gratuítas e os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados. O persoal asesora ás persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitas como para formalizar  as adopcións pídese cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou  886 217 391.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí