Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Carmela Silva demanda manter o impulso inversor do Goberno en Galicia ante a falta de capacidade dos gobernos do PP

A senadora viguesa argumentou as súas críticas sinalando que o Instituto Nacional de Estatística informa que o Produto Interior Bruto creceu nun 5,8 por cento en España entre 2021 e 2022, mentres que en Galicia foi do 4,2 por cento.

A senadora viguesa argumentou as súas críticas sinalando que o Instituto Nacional de Estatística informa que o Produto Interior Bruto creceu nun 5,8 por cento en España entre 2021 e 2022, mentres que en Galicia foi do 4,2 por cento.

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Febrero de 2024

Fuente: PSdeG-PSOE

A senadora socialista por Pontevedra, Carmela Silva, expuxo na Cámara Alta a moción sobre a transcendencia de afrontar o "declive" industrial de Galicia, xerado polos 15 anos de gobernos do PP na Xunta de Galicia, coa continuidade do "gran impulso investidor" dos últimos anos con Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España. "Queremos formar parte do gran proxecto reindustrializador de España", reclamou ante os senadores ao afirmar que "Galicia merece ter un futuro mellor que o seu pasado recente e ser capaz de reter e atraer investimentos e talento para reiniciar a senda do crecemento económico e social".

Silva, tras explicar que o obxectivo da moción é "garantir que Galicia poida desenvolver todo a seu potencial industrial e económico", incidiu en que a pesar de que a comunidade galega é unha "verdadeira” forza nos sectores da automoción, naval, conserva, enerxético ou téxtil, "padece" unha administración autonómica que “non estivo á altura das nosas potencialidades e fortalezas” a nivel industrial e que foi "incapaz de fortalecer o desenvolvemento económico e social" como consecuencia da ausencia dunha política industrial dos gobernos de Alberto Núñez Feijóo e de Alfonso Rueda.

“O balance dos gobernos de Feijóo e de Rueda poden resumirse en: nin unha iniciativa propia, nin unha idea, nin un proxecto: unha nula capacidade para atraer investimentos ou para fortalecer aos sectores económicos asentados en Galicia", denunciou a senadora.

Silva argumentou as súas críticas sinalando que o Instituto Nacional de Estatística informa que o Produto Interior Bruto creceu nun 5,8 por cento en España entre 2021 e 2022, mentres que en Galicia foi  do 4,2 por cento. Ademais, rexistrouse un descenso nun 1,4 por cento no número de creación de empresas. A isto súmase a caída nun 20% da creación de industrias e que o gasto en I+D ascendeu a 278 euros por habitante fronte aos 402 da media nacional.

A senadora insistiu na comparativa de xeración de emprego no último ano, xa que a comunidade tamén sae perdendo. Mentres no conxunto nacional creceu nun 3,83% a media de Galicia foi do 3,12%. Sinalou que os datos empeoran no emprego industrial cun ascenso de afiliados medios do 3,3 por cento no conxunto estatal fronte ao 1,9 por cento do galego.

 

Para Carmela Silva o conxunto de datos económicos demostran "que Galicia non funciona co PP" e que a planificación de espazos empresariais non pasan da fase de anuncios porque "todo queda en papelitos".

 

A senadora socialista apelou aos representantes do PP para expoñer "unha soa" iniciativa da Xunta en proxectos empresariais estratéxicos como os vinculados ás enerxías renovables, semiconductores ou empresas que respondan á nova economía que está a xurdir en Europa, mentres flúen millonarios recursos procedentes de Europa e do Goberno de España.

 

“Non podemos quedar de brazos cruzados” ante a situación do declive industrial, recalcou a senadora socialista ao sinalar a necesidade de que “o goberno do Estado siga apoiando ao sector productivo de Galicia” e mantenga o impulso inversor.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí