Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva esíxe á Xunta e ó Goberno de España unha solución para o financiamento dos centros da Uned na provincia

En xaneiro nin Deputación nin concellos poderán subvencionar a UNED

En xaneiro nin Deputación nin concellos poderán subvencionar a UNED

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe a súa enorme preocupación polo futuro financiamento dos centros asociados da UNED, que a partir do 1 de xaneiro de 2017 non poderán recibir aportacións nin da Deputación nin dos concellos, dando cumprimento así á Disposición Adicional Novena da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local. Silva vén de enviar unha carta ao ministro de Educación para solicitarlle que se anule esta disposición, ou no seu caso, se outorgue máis prazo para a súa entrada en vigor de tal xeito que se poidan buscar solucións alternativas para o financiamento dos centros da UNED.

Carmela Silva aproveitou a rolda de prensa previa á Xunta de Goberno para facer un chamamento ao Partido Popular, á Xunta e ao Goberno de España para que digan inmediatamente que van facer para asegurar a continuidade dos centros asociados da UNED. "Sería imperdoable que se deixase de prestar este importante servizo público, do que se benefician milleiros de cidadáns", concluíu a Presidenta.

Durante esta semana, ademais de remitir a carta ao Ministerio de Educación, a Presidenta da Deputación tamén mantivo unha xuntanza coa directora do centro asociado da UNED en Pontevedra para analizar a situación actual. No vixente curso, a Deputación de Pontevedra achega o 17,65% do financiamento dos centros da UNED na provincia, mentres que os concellos de Vigo, Pontevedra, Lalín e Tui aportan un 15% no seu conxunto. Polo tanto, a partir do ano que vén, a UNED non cubriría na provincia de Pontevedra o 33% dos seus gastos, o que dificultaría moito ou mesmo imposibilitaría que continuase prestando os seus servizos na provincia, tal e como explicou a Presidenta.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones