Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva súmase ao protocolo da violencia de xénero e pide a empresas e concellos que se adhiran

O Concello de A Guarda é o único da Comarca do Baixo Miño que se adheríu ata o momento a este protocolo

O Concello de A Guarda é o único da Comarca do Baixo Miño que se adheríu ata o momento a este protocolo

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Junio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

No acto, celebrado en Vigo, a presidenta da Deputación sinalou que o protocolo para a detección e tratamento da violencia machista nas empresas xa foi firmado por 17 concellos da provincia de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiu esta mañá á presentación do "Protocolo para a detección e tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra dos lugares de traballo" no Círculo de Empresarios de Galicia. O acto estivo presidido pola presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero, Ángeles Carmona Vergara, e asistiron, entre outros, Fernando Cabezas Lefler e María Ángeles García -a quen a presidenta agradeceu especialmente-, coautor e coautora do protocolo.

Na actualidade son máis de 150 empresas de toda Galicia -que inclúen o proxecto como iniciativa da súa Responsabilidade Social Corporativa ou como medida negociada coa representación sindical- e 17 concellos da provincia de Pontevedra os que asumiron este protocolo, pero a presidenta da Deputación fixo un chamamento aos 45 concellos restantes a que se sumen a este proxecto. "Imos traballar por que sexan os 62 concellos de Pontevedra quen se comprometan activamente a ser axentes que loitan contra a violencia de xénero", sinalou. Os 17 concellos asinantes son os da Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Barro, Cambados, Cuntis, Lalín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Sanxenxo, Vilaboa, O Grove e Vigo, e a presidenta da Deputación quixo lembrar ademais que foi a propia institución provincial a primeira en asinar o protocolo, "non podía ser doutra forma", cando se presentou nela a semana pasada.

Silva remarcou a necesidade de que existan "instrumentos reais que permitan pórlle freo" á violencia machista, razón pola que asegurou que este tipo de protocolos son "fundamentais" porque así as empresas e concellos, apostando pola tolerancia cero, disporán de "axentes que se van poder pór do lado das mulleres que sofren maltrato e violencia de xénero, vanlles poder prestar todo tipo de servizos para apoialas dende un punto de vista xurídico, policial ou social, e darlles tamén todo tipo de medios para que poidan escapar deste terrible drama no que viven as mulleres polo só feito de ser mulleres". A presidenta provincial lembrou que en 2016 xa foron 19 as mulleres asasinadas polas súas parellas, á falta doutros cinco casos que seguen a ser analizados, e que cada ano aumentan as denuncias de malos tratos: 2.245 en 2015 só na provincia de Pontevedra.

O "Protocolo para a detección e tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra dos lugares de traballo" trata de sensibilizar, informar e formar a todas as traballadoras e traballadores dos concellos e empresas asinantes sobre os dereitos das persoas que sofren violencia de xénero. Ademais, o protocolo fixa o sistema a seguir unha vez que se detecta un caso na empresa ou concello, o modo de actuar coa persoa afectada e o tempo máximo -48 horas- que ten a persoa encargada no organigrama nestes casos para informar á vítima de todos os seus dereitos en materia laboral e asesorala noutros aspectos legais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones