Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Charo Pita presenta este venres o espectáculo musical -No país do vento- no Teatro Municipal de Tui

As entradas están á venda en www.tui.gal

As entradas están á venda en www.tui.gal

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2022

Fuente: Concello de Tui

“No país do vento” é o título do espectáculo musical que este venres, ás 19 h, chega ao Teatro Municipal de Tui con Charo Pita.  Cunha duración de 55 minutos “No país do vento” é un concerto para público familiar, recomendado a partir dos 3 anos, no que as cancións e as historias se mesturan achegándonos aos personaxes que habitan este país: unha científica incorrixible e algo poeta, noivas, donas, magas bruxas e tolas, unha familia de papaventos, un corazón que viaxa nunha cáscara de noz, unha xirafa e unha araña, o pato Simón…

Sobre o escenario estarán Charo Pita  voz, textos e música; María Faltri  voz, percusións e arranxos vocais;  Jorge Juncal  acordeón, teclado, arranxos e produción musical; Javier Fernández  Batería, percusións e arranxos musicais e Juansy Santomé Contrabaixo, baixo eléctrico.

Charo Pita comezou en 1994 a narrar historias, tanto para público infantil coma adulto. Imparte obradoiros de narración e lectura expresiva e leva publicados máis dunha ducia de libros. No seu haber ten varios premios entre eles o Espiral Maior de poesía no ano 2001 e o premio Manuel Murguía de narracións breves en 2018. Na colección Sonárbore da editorial Galaxia publicou o libro con poemas musicados “No país do vento”, que é levado a escena en forma de concerto acompañado de algún pequeno elemento teatral, que fan da peza unha delicia visual.

O espectáculo nace baixo dúas grandes premisas: a da igualdade de xénero, e a da música en galego.

As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones