Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

COGAMI responde ás máis de 1.700 consultas trasladas durante o ano 2021

A obtención do certificado de discapacidade, axudas económicas por parte da administración e a busca de emprego, son as temáticas que máis se repiten nestas consultas.

A obtención do certificado de discapacidade, axudas económicas por parte da administración e a busca de emprego, son as temáticas que máis se repiten nestas consultas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Febrero de 2022

Fuente: COGAMI

A área de Promoción da Autonomía Persoal da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) presenta un balanzo sobre os servizos prestados a persoas con discapacidade e familias durante o ano 2021.

 

O servizo de información, asesoramento e orientación, presente en todas as oficinas que COGAMI ten nas sete cidades galegas e tamén nas súas 55 entidades membro, respondeu a un total de 1.732 consultas, número que incrementou nun 9% máis con respecto ao ano anterior.

 

Estas consultas foron trasladadas por diferentes vías como foron o correo electrónico, atención telefónica e de maneira presencial, despois de solicitar cita previa co/coa profesional de traballo social de COGAMI. Segundo a súa procedencia, o 56% foron realizadas por persoas localizadas na provincia de A Coruña mentres que o 9% chegaron dende Lugo; o 6% dende Ourense; o 28 % de Pontevedra e o resto procederon dende fóra de Galicia.

 

Segundo as temáticas, as máis frecuentes están relacionadas coa obtención do certificado de discapacidade das que se recibiron 484 consultas, 278 foron sobre os procesos para poder acceder a algunha das prestacións económicas por parte da Administración, mentres que 260 están relacionadas co emprego, 190 coa accesibilidade e as barreiras arquitectónicas e o resto son sobre as axudas para a dependencia, produtos de apoio, vivenda, formación, asistencia persoal, voluntariado, lecer, sanidade e educación, entre outras temáticas.  

 

Este Servizo de Información, Asesoramento e Orientación finánciase a través de diferentes liñas de subvención da Xunta de Galicia das diferentes Consellerías como poden ser Recursos Integrais, a través do 0,7% do IRPF e APDF, segundo requisitos, e o Concello de A Coruña.

 

Calquera persoa con discapacidade, familiares e entidades relacionadas co sector da discapacidade poden trasladar as súas consultas, denuncias ou queixas a este servizo, que é totalmente gratuíto, e todas elas se lles ofrece unha resposta o antes posible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí