Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONCHI ORTEGA EXPLICA OS EIXES DO SEU PROGRAMA, CENTRADO NA CREACIÓN DE EMPREGO A TRAVÉS DO TURISMO

Centos de veciños e afiliados acompañaron á candidata popular

Feijoo e Louzán arrouparon á candidata nun mitin celebrado na tarde do Domingo

Fecha: 12 de Mayo de 2015

Fuente: PP de A Guarda

A candidata do Partido Popular de A Guarda, Conchi Ortega explicou nun mitin celebrado na tarde do Domingo os eixes do seu programa, unha explicación que acompañou cun vídeo no que se amosaban algunhas das propostas dos populares.

A candidata popular estivo arroupada polo presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e polo presidente provincial, Rafael Louzán ademais da asistencia de centos de afiliados e veciños.

Ortega considera que entre as prioridades do Partido Popular destaca "fomentar as condicións para crear emprego a través do turismo e priorizar os servizos sociais, en particular preocupa as persoas en risco de exclusión e o futuro das persoas con discapacidade".

Incidiu ademais na necesidade de darlle unha saída sur ao porto, acabar a circunvalación do Monte de Santa Tegra, a gran área recreativa infantil e o pavillón polideportivo.

Esta última proposta recolleuna o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, quen se comprometeu a construír un pavillón polideportivo, merecido polos éxitos do deporte guardés.

Louzán explicou que se non houbo ata o de agora máis investimento da Deputación foi pola falta de iniciativa e proxectos do actual goberno local. E explicou que se perderon preto de 600.000 euros para investir no Monte de Santa Tegra pola falta de interese amosada polo equipo de goberno.

Pola súa parte, o presidente rexional do partido pideu o apoio para o novo equipo do Partido Popular, e en especial pideu a confianza de todos aqueles veciños que noutras convocatorias electorais si votan ao Partido Popular.

Asegurou ademais que o Partido Popular non participa en coalicións poselectorais de perdedores, "só gobernaremos se gañamos a eleccións".

Recordou ademais que como conselleiro na etapa do Goberno de Manuel Fraga impulsou o proxecto do vial de A Guarda a Goián que máis tarde paralizou o bipartito, aínda estando en época de bonanza económica, e que se recuperou co goberno do PP na Xunta.

PP A GUARDA. ALGUNHAS DAS NOSAS PROPOSTAS from José Carlos Castro Martínez on Vimeo.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones