Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

REUNIÓN DE CONCHI ORTEGA CO SECTOR TURÍSTICO DE A GUARDA

A candidata Conchi Ortega, comezou a súa intervención dicindo que é inaceptable que veñan 150.000 visitantes ao Monte Santa Trega e que non pasen por A Guarda

A candidata Conchi Ortega, comezou a súa intervención dicindo que é inaceptable que veñan 150.000 visitantes ao Monte Santa Trega e que non pasen por A Guarda

Fecha: 21 de Mayo de 2015

Fuente: PP de A Guarda

O pasado martes pola tarde, no salón do Hotel El Molino, tivo lugar unha reunión de traballo do sector da hostelería de A Guarda convocada pola candidata á alcaldía Conchi Ortega.
 
Asistiron á cita unha vintena de empresarios de bares, restaurantes, hoteis e negocios da vila. Participaron na mesa o Presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán, a Directora Xeral de Turismo Nava Castro, a enxeñeira de camiños Rebeca Ferreira e Conchi Ortega. Abriu o coloquio Rafael Louzán, onde logo de resaltar o potencial turístico de A Guarda e o estado de abandono no que se atopa, comprometeuse a colaborar activamente na revitalización da nosa vila.
 
Concluiu o discurso coa presentación dun amplo folleto onde se reflicten tres compromisos con A Guarda: a construcción do Pavillón Polideportivo, o apoio a reforma do Centro San Xerome Emiliani, e a Dotación de Servizos para o Monte Santa Trega.
 
De seguido, Rebeca Ferreira describiu o proxecto do Monte Trega, consistente en dotar de saneamento e auga potable a contorna do cumio do Monte, asi coma de soterrar as instalacións de cableado aéreo.
 
A continuación, Nava Castro recoñeceu tamén o potencial turístico da nosa vila e sorprendeuse do infrautilizados que están os nosos recursos turísticos, comparado con outras poboacións de Galicia onde con moito menos fan mais. Recalcou que é preciso a implicación do goberno municipal na tarefa de poñer en valor eses recursos, cousa que según ela non se está facendo, e que a Xunta aportará os medios necesarios para axudalo.
 
Os dous responsables, salentaron que non se fixo máis pola Guarda, porque non houbo proxectos presentados polos Concello, estes anos.

A candidata Conchi Ortega, comezou a súa intervención dicindo que é inaceptable que veñan 150.000 visitantes ao Monte Santa Trega e que non pasen por A Guarda. Dixo que as propostas de crear unha saída sur e poñer de doble sentido a Rúa Concepción Arenal foran as máis demandadas en materia de turismo polos guardeses. Inmediatamente abriu a rolda de preguntas, xa que o obxectivo da cita era que os empresarios amosaran as súas preocupacións e fixeran preguntas aos responsables do sector alí presentes.
 
Inda que moi informal, a reunión desenvolveuse cun gran interese e amosando unha gran sensibilidade por ambas partes, plantexándose cuestións moi diversas coma o problema do aparcamento, o acceso dos autobuses, a saída sur, a limpeza das praias, as taxas das terrazas e das basuras, os cheiros producidos polo argazo e o desamparo dos negocios máis modestos ante a administración local, se captaba no ambente desesperación pola situación que están a vivir os negocios, e polo falta de mantenemento na Guarda, que lles repercute negativamente.
 
Tanto Conchi Ortega coma os demáis responsables, amosaron a súa boa disposición para resolver todos os problemas que de verdade preocupan aos profesionais do sector, e se comprometeron a dar o seu apoio comezando por unha promoción turística eficaz, e aportando toda a axuda necesaria para conseguir levar a cabo as propostas do seu programa electoral, que en realidade é o programa dos guardeses.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí