Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ÁNGEL BAZ: É POSIBLE CAMBIAR AS COUSAS E PARA ISO É PRECISO CONTAR CON TODAS AS PERSOAS QUE VEN QUE AS POLÍTICAS SEGUIDAS NOS ÚLTIMOS ANOS NON SERVIRON PARA CREAR O CONCELLO QUE DESEXAMOS

Un cambio de rumbo na Guarda non só é posible, senón que a día de hoxe resulta imprescindible.

Un cambio de rumbo na Guarda non só é posible, senón que a día de hoxe resulta imprescindible.

Fecha: 21 de Mayo de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

“Fronte a unha situación difícil como a que estamos a vivir, na que é doado caer na desesperanza de que as cousas non poden mudar, o BNG Asembleas Abertas fai un chamamento claro e directo a todas aquelas persoas que cren que outro xeito de facer as cousas é posible. Despois de anos repetindo fórmulas que non fixeron máis que perpetuar os vellos problemas da Guarda, despois de anos repetindo incesantemente que nada se pode facer, que o que temos é o mellor ao que podemos aspirar, chegou o momento de sumar as forzas de todas as persoas que saben que na Guarda se pode aspirar a moito máis do que tivemos até o de agora.” Con estas declaracións facía referencia Ángel Baz á campaña que leva desenvolvendo estes días o BNG-Asembleas Abertas.

Chegando xa ao final da campaña electoral, o BNG Asembleas Abertas convoca este xoves a partires das 20h. un acto público festivo na Praza de San Caetano co que pechar a rolda de actos, charlas e reunións que tiveron lugar nas últimas semanas.

“Vendo a ilusión e ánimo coa que está sendo recibida esta candidatura pensamos que non hai mellor maneira de pechar esta serie de actos que cunha foliada popular na que compartir a alegría que se nos está a transmitir” comentou Ángel Baz.

Dende o BNG-Asembleas Abertas manifestan percibir que a veciñanza está desexando ver, dunha vez por todas, os cambios que o concello precisa para deixar de esmorecer e converterse nunha vila próspera, con actividade e na que é posible vivir dun traballo digno.

Realmente o que a Guarda precisa é que se poñan todos os seus recursos ao servizo do pobo e para iso é necesario ter a vontade política de facelo. Ese é o compromiso do BNG-Asembleas Abertas; sabemos que é posible, sabemos que é necesario e estamos dispostos a facelo afirmou o candidato.

O BNG-Asembleas Abertas considera que estas eleccións municipais supoñen un punto de inflexión no que A Guarda ten a oportunidade de tomar o timón do seu destino e comezar, de xeito colectivo, unha nova etapa na que A Guarda e as guardesas e guardeses poidan desenvolver, por fin, toda a súa potencialidade.

Chegou o momento dos que cremos que outra Guarda é posible, chegou o momento das persoas que de verdade queren transformar este concello: Fagámolo. concluíu Ángel Baz.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí