Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BESTEIRO: -O PP E A XUNTA NON ENTENDEN QUE DETRÁS DA CULTURA HAI UNHA ECONOMÍA VENCELLADA AO PATRIMONIO, CON MOITOS POSTOS DE TRABALLO E PESO NO PIB-

O líder dos socialistas galegos presenta en A Guarda un proxecto socialista solvente fronte a -experimentos fallidos da man do PP e outro tipo de experimentos que non son solventes-

O líder dos socialistas galegos presenta en A Guarda un proxecto socialista solvente fronte a -experimentos fallidos da man do PP e outro tipo de experimentos que non son solventes-

Fecha: 19 de Mayo de 2015

Fuente: PSOE

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo hoxe que "o PP e a Xunta non entenden que detrás da cultura hai unha economía vencellada ao patrimonio, moitos postos de traballo e peso no PIB". Así o dixo na súa visita ao concello de A Guarda, onde acompañou ao candidato socialista Antonio Lomba no percorrido polos enclaves culturais da vila.

O líder dos socialistas galegos respaldou a proposta de crear unha rede museística local que aglutine o Monte Santa Tegra, un Centro de Interpretación das fortalezas transfronteirizas no castelo de Santa Cruz e o Museo do Mar. Besteiro presentou esta iniciativa e a xestión do Concello como "un bo expoñente de cómo a xestión socialista vencella o patrimonio cultural e a economía".

Esta iniciativa só pode ser realizada por un Concello, dixo, "capaz de liderar para os seus veciños, a comarca e toda Galicia" un proxecto desta importancia que pon sobre a mesa a conexión entre cultura e economía.

O candidato socialista Antonio Lomba anunciou este proxecto de rede museística, co obxecto de incorporar no futuro o Centro de Interpretación do Esteiro do Miño, que pecharía a rede turística dirixida a vencellar o patrimonio cultural e natural coa pesca e empregalo como recurso económico fundamental.

Experimentos

En resposta a preguntas dos xornalistas, o líder dos socialistas galegos advertiu que nas eleccións do próximo domingo a cidadanía poderá optar entre a solvencia dos socialistas galegos e "as especulacións de experimentos fallidos da man do PP, que a cidadanía xa coñece", e "outro tipo de experimentos que non son solventes".

Presentou como exemplo da xestión socialista os concellos galegos que, baixo o goberno do PSdeG, "demostramos que se poden facer mais cousas, que saben priorizar, promover o emprego e ampliar a rede de servizos sociais mantendo a solvencia das contas públicas, con gobernos que van da man dos cidadáns".

Gómez Besteiro fixo un chamado ao "amplo nivel de indecisos" que revelan os sondeos preelectorais, para os que, dixo, "o discurso do PSdeG sempre é o mesmo dende os últimos dez días, que pasa por "ofrecer a única solución posible" para "abandonar as políticas duras e dramáticas do PP".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí