Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A CANDIDATA DO PP DE A GUARDA CONCHI ORTEGA REUNÍUSE CON ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS, CULTURAIS E DE ASUNTOS SOCIAIS

Onte ás seis da tarde no Centro San Xerome de A Guarda, foron convocadas por Conchi Ortega as asociacións do deporte, cultura e asuntos sociais da nosa vila.

Onte ás seis da tarde no Centro San Xerome de A Guarda, foron convocadas por Conchi Ortega as asociacións do deporte, cultura e asuntos sociais da nosa vila.

Fecha: 22 de Mayo de 2015

Fuente: PP de A Guarda

Onte ás seis da tarde no Centro San Xerome de A Guarda, foron convocadas por Conchi Ortega as asociacións do deporte, cultura e asuntos sociais da nosa vila.
Asistiron como invitados o Presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán e o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete.
Louzán abríu a reunión dicindo que Conchi lle transmitira ás necesidades do concello en materia de deporte, e que quería dar resposta a esa demanda coa construción dun Pavillón Polideportivo cun investimento de 2.958.857,35 €. Dixo ademáis que no caso de asumir a alcaldía, apoiaría (na medida das posibilidades) a construcción dun novo campo de fútbol de herba sintética.
No tocante á cultura, e sempre atendendo ás demandas de Conchi Ortega, dixo que se estaba a traballar na posibilidade de reformar un edificio para dar cobertura aos colectivos de artistas de ámbito cultural, e crear o Viveiro de Talentos Creativos, unha das propostas máis ambiciosas do programa dos Populares de A Guarda.
Mais tarde tomou a palabra Lete. No seu discurso afirmou que os éxitos do deporte na Guarda, o esforzo dos deportistas individuais e dos clubs, e o gran potencial detectado na xuventude polo deporte, xustificaban a construción dese Pavillón. As instalacións do mesmo estarían habilitadas para a práctica do deporte adaptado.
De seguido, realizóuse unha exposición pormenorizada do proxecto polo técnico que colaborou na súa redacción.
Ao final da exposición, Louzán, Lete e Ortega contestaron a multitude de preguntas que lle fixeron os asistentes. Tamén xurdiron preocupacións moi serias por parte dos representantes das asociacións deportivas e culturais, que ante o asombro dos presentes, se queixaron da falta de colaboración por parte do actual concello ante os eventos culturais, deportivos e do sectarismo da actual corporación, favorecendo a uns e despreciando a outros.
A Asociación Avelaiña agradeceu ao Presidente da Deputación a atención amosada no seu centro de Baiona, e dixo que tamén teñen actividades deportivas e culturais as cales era importante telas en conta.
Louzán reiterou o compromiso coa realización do Pavillón Polideportivo e asegurou que estaría finalizado antes da próxima lexislatura.
Conchi Ortega dixo estar moi satisfeita coa reunión e valorou positivamente a participación das asociacións. Según ela, é acercándose aos cidadáns cando se coñece a realidade dos problemas, e escoitalos o primeiro paso para resolvelos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí