Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONTINÚA ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO DESFILE DE ENTROIDO DA GUARDA

O prazo de inscrición será entre os días 25 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2016 , ambos incluídos, en horario de 9 a 14h. de luns a venres e sábados de 10 a 13h.

O prazo de inscrición será entre os días 25 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2016 , ambos incluídos, en horario de 9 a 14h. de luns a venres e sábados de 10 a 13h.

Fecha: 01 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

As categorías de comparsas e carrozas terán unha axuda de 200 euros. Todos os nenos que participen recibirán un pequeno agasallo.

O prazo para participar no Desfile de Entroido que se celebrará o martes día 9 e que está organizado polo Concello da Guarda, está aberto ata o próximo mércores, día 3 de febreiro, inclusive. Dende a Concellería de Cultura animan a todos os veciños e veciñas da localidade a participar deste entroido e axudar a que estas datas festivas manteñan as tradicións guardesas pero tamén sumen novas iniciativas.

No desfile hai diferenciadas cinco categorías. As dúas primeiras -comparsas e carrozas- son as pensadas para os grupos máis numerosos. Os participantes nestas dúas seccións terán axudas económicas para facer os seus disfraces e carrozas. Nestas categorías, ademais, haberá premios para os dous primeiros clasificados.

Nas categorías de Grupo, Individual Adulto e Individual Infantil haberá premios para os seis mellores disfraces de cada clasificación.

Ademais, todos os rapaces e rapazas que participen no desfile, independentemente da categoría, levarán un pequeno agasallo.

Todos aqueles que estean interesados en participar no desfile só teñen que cubrir as inscricións no Departamento de Cultura do Concello da Guarda.

O desfile comezará ás 17,30 horas dende a Esquina Famosa ata a Alameda. Ó término do paseo se darán os premios e ademais se contará coa actuación da orquestra YUKATAN.

DESFILE-CONCURSO
ENTROIDO 2016
BASES


1ª OBXECTO
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile- Concurso de Entroido 2016. O Entroido é unha festa de carácter tradicional celebrada a nivel mundial con diferentes manifestacións locais. A Concellería de Cultura da Guarda promove a celebración de dito desfile concurso co obxectivo de manter a tradición local desta festa tradicional a través da participación de tódolos veciños da Guarda. É por elo que presenta as seguintes bases nas que se contemplan ata cinco modalidades diferentes de participación, e unha ampla variedade de premios.
2º LUGAR E DATA
O Desfile- Concurso se celebrará o vindeiro Martes de Entroido, 9 de febreiro de 2016, con saída ás 17:30h. da Praza de San Bermardo ("Esquina Famosa") co seguinte percorrido: Praza de San Bernardo- Rúa Galicia- Avda.Rosalía de Castro- Alameda.
En caso de choiva quedaría aprazado para o domingo 14 de febreiro de 2016
3º PRAZO E FORMA DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición será entre os días 25 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2016 , ambos incluídos, en horario de 9 a 14h. de luns a venres e sábados de 10 a 13h.
A solicitude de participación farase no impreso correspondente (ANEXO I), que se atopa dispoñible nas oficinas do Concello da Guarda e na páxina web www.aguarda.es, adxuntando á mesma a documentación necesaria (BASE CUARTA) no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo e horario establecidos.
Poderán remitirse inscricións por vía postal, selladas na oficina de Correos sobre o propio impreso de solicitude, de xeito que quede constancia da entrega dentro do prazo establecido. Para garantir este feito, rógase adiantar por fax a copia da solicitude sellada na oficina de Correos. Ó igual que o resto de solicitudes, só terán validez se van acompañadas da documentación requerida.
4º DOCUMENTACIÓN NECESARIA
Para ser efectiva a inscrición, xunto co formulario de inscrición entregarase a seguinte documentación:
• Maiores de idade: Fotocopia do DNI
• Menores de idade: Fotocopia do DNI da nai, pai, titor/a e a autorización para participar no concurso (ANEXO II)
En caso de:
Grupos, carrozas e comparsas: Só se presentará o DNI da persoa representante e se indicará o número de participantes. Os integrantes menores de idade entregaran unha autorización do pai, nai ou titor/a por cada menor, non sendo necesario a copia do DNI de cada un deles. Cando tódolos integrantes sexan menores, o representante do grupo será un dos pais.
Asociacións: Cando o participante sexa unha asociación deberá entregar un documento acreditativo da mesma (estatutos)
5º MODALIDADES E CATEGORÍAS
Poderáse participar no Desfile- Concurso baixo as seguintes categorías:
1. CARROZAS: Grupo de polo menos 6 persoas representando algún tema enriba dun ou varios móbiles (carro, tractor, motocultor...) O condutor poderá ou non ir incluído, deixándose a criterio dos participantes.
2. COMPARSAS: Grupo mínimo de 10 persoas
3. GRUPOS: Grupo composto por un mínimo de 4 e un máximo de 9 persoas
4. INDIVIDUAL: Inclúense nesta modalidade, ademais dos disfraces individuais, os conxuntos formados por ata 3 persoas, cuxos traxes compartan unha mesma temática. Esta modalidade divídese en dúas categorías:
INDIVIDUAL ADULTO, a partir dos 13 anos de idade
INDIVIDUAL INFANTIL, ata os 12 anos de idade
No caso de parellas ou tríos na que un dos participantes teña máis de 12 anos considerarase na categoría xuvenil- adulto
6º AXUDAS POR PARTICIPACIÓN
Prevese unha axuda económica dunha contía fixa de 200€ ós participantes nas categorías de COMPARSA e CARROZA, como compensación polo traballo e esforzo que supón a elaboración do correspondente atrezzo e traxes de entroido.
Terán dereito a axuda económica as 10 primeiras carrozas e/ou comparsas que se inscriban, coa salvedade de que nunca unha comparsa ou carroza do concello da Guarda quedará sen inscribir. Todas as comparsas e carrozas anotadas, entrarán na modalidade de concurso, teñan ou non a axuda por participación.
7º PREMIOS
Os premios e axudas por participación impútanse a aplicación orzamentaria n.º 334-48 e serán os seguintes:
COMPARSAS CARROZAS:
1º PREMIO: 250€ 1º PREMIO: 250€
2º PREMIO: 150€ 2º PREMIO: 150€
GRUPOS:
1º PREMIO: 150€
2º PREMIO: 90€
3º PREMIO: 80 €
4º PREMIO: 50€
5º PREMIO: 50€
6º PREMIO: 50€
INDIVIDUAL ADULTO:
1º PREMIO: 90€
2º PREMIO: 70€
3º PREMIO: 50 €
4º PREMIO: 30€
5º PREMIO: 30€
6º PREMIO: 30€
INDIVIDUAL INFANTIL:
1º PREMIO: 90€
2º PREMIO: 70€
3º PREMIO: 50 €
4º PREMIO: 30€
5º PREMIO: 30€
6º PREMIO: 30€

Estes premios están gravados coa correspondente retención do IRPF
Poderán ser beneficiarios dos premios as asociacións legalmente constituídas e as persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
8º XURADO E CUALIFICACIÓN
A cualificación en cada unha das modalidades e categorías será determinada polo Xurado do Concurso, que estará formado por un Presidente e dous vogais, en representación das entidades socioculturais de A Guarda, nomeados pola Concellería de Cultura.
O xurado na súa avaliación terá en conta os seguintes factores: orixinalidade da proposta, posta en escena, maquillaxe e vestiario.
Unha vez feita a avaliación polo Xurado, farase público o resultado no acto de entrega de premios.
O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.
O xurado terá a capacidade de determinar se os inscritos cumpren as condicións propias en cada categoría.
A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.
9º SAÍDA E COLOCACIÓN PARA O DESFILE- CONCURSO
A hora prevista para o inicio do desfile é as 17:30 horas do Martes 9 de Febreiro.
Os participantes no desfile teñen entre as 16.30h. e as 17h. para colocarse nos seus postos de saída, que serán determinados polo persoal da Concellería de Cultura.
As 17h. o xurado fará unha primeira revisión para coñecer a tódolos participantes . Non estar situado no posto asignado no momento da saída poderá ser motivo para a descalificación do concurso.
10º COBRO DOS PREMIOS E AXUDAS POR PARTICIPACIÓN
Para proceder ó cobro, tanto das axudas como dos premios, os interesados deberán achegar a seguinte documentación nun prazo de 15 días trala celebración do desfile:
• Certificado de Titularidade da conta bancaria a nome do premiado (expedida pola entidade), ou fotocopia compulsada da libreta. En caso dos menores de idade, o titular deberá ser o pai, nai ou titor que autorizou a participación ou que foi coma representante do grupo.
• Fotocopia compulsada do DNI do premiado ou do seu pai, nai ou titor/a
• Fotocopia da inscrición no desfile. En caso de participación de menores, deberán achegarse as autorización de participación no desfile.
• Declaración responsable de non estar incurso en incapacidades e prohibicións coa Administración para a percepción de subvencións, así como de estar ó corrente coas obrigas tributarias, co Estado, Xunta de Galicia, Concello de A Guarda e Seguridade Social.. (Impreso dispoñible no Concello)
Co fin de axudar e axilizar a tramitación, a documentación necesaria que xa fora aportada ó Departamento de Cultura para inscrición no desfile non haberá que achegala novamente.
O Departamento de Cultura será o responsable de levantar acta co fallo do xurado, e remitirá un informe ó Servizo de Intervención coa relación de tódolos participantes no Concurso.
O Concello resérvase o dereito para a captación e difusión das imaxes do desfile para fins de publicidade e promoción.
A Concellería de cultura quere animar á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade concurso.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones