Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa no Rosal o xabaril máis famoso

O Salón de Exposicións do Concello acolle a mostra Asina! Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG

O Salón de Exposicións do Concello acolle a mostra Asina! Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Xabarín Club arrasou nas tardes da TVG a finais do século pasado e ata deu nome á xeración de rapaces e rapazas que se achegaron a unha programación infantil e xuvenil en lingua galega. Este venres 4 de decembro o xabaril máis famoso das últimas décadas para moitos galegos e galegas chega ao Rosal, que acolle no Salón de Exposicións do Concello a mostra ‘Asina! Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG’.

Esta exposición é unha das accións da Mesa pola Normalización Lingüística para por en marcha unha proposición parlamentaria por iniciativa popular coa que conseguir unha canle ‘Xabarín’, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como app actualizadas que garantan unha canle en galego con contidos atractivos, de éxito actuais e pasados, educativos e de produción galega. Na mostra, as persoas interesadas en dar respaldo a esta iniciativa poderán deixar a súa sinatura para levar esta proposición ao parlamento.

Con esta iniciativa búscase ademais, entre outros obxectivos, que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego na programación de canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa app e que a Xuta chegue a acordos con outras administracións e empresas como Movistar, Netflix, HBO... co fin de garantir a opción dobrada e lexendada ou galego en todas as plataformas dixitais de televisión.

Trátase así de reverter a situación actual, na que a lingua galega é a única oficial do estado que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil, que ocupa apenas un 4,6% da programación semanal e o 2,7% na fin de semana. Lonxe quedan os anos 90, nos que Galicia se situou á vangarda dos contidos infantís e xuvenís coa programación do Xabarín Club na TVG, coa que se contribuíu decisivamente á normalización da lingua galega e á difusión da música, da produción audiovisual e escénica desenvolvida na comunidade.

A exposición estará aberta ao público ata o mes de xaneiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí