Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Conto musical para gozar en familia con Belén Otxotorena e a Banda da Agrupación Musical do Rosal

Este sábado 18 traerán ao auditorio municipal o espectáculo -Noé, Noemí e Noemilia. Sete animais e a súa familia-

Este sábado 18 traerán ao auditorio municipal o espectáculo -Noé, Noemí e Noemilia. Sete animais e a súa familia-

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2023

Fuente: Concello do Rosal

O auditorio municipal do Rosal prepárase para acoller esta fin de semana un encontro interactivo entre as familias e a banda de música. A Banda da Agrupación Musical do Rosal acompañará a Belén Otxotorena na interpretación de ‘Noé, Noemí e Noemilia. Sete animais e a súa familia’, un innovador conto musical inspirado nun divertido poema colombiano e nunha das historias máis antigas da humanidade, a Arca de Noé.

Otxotorena dará vida a unha obra na que as composicións de Andrés Valero e de Óscar Navarro serán as protagonistas. Unha historia que conta as vivencias de Noé, Noemí e Noemilia, que vivían placidamente pescando cada un nun lugar diferente do mundo ata que corenta días e corenta noites chovendo a esgalla os obrigaron a subirse a unha arca xigante.

Con estudos musicais e de teatro, Belén Otxotorena é escritora, coautora de contos e guías didácticas e escritora de relatos musicais para toda a familia. Ten participado en espectáculos con moitas bandas musicais por toda España, así como coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Castela e León. Aínda que o que sen dúbida a caracteriza é a súa emoción ao subir ao escenario e o seu desexo de espertar a imaxinación de grandes e cativos e cativas.

Este conto musical chega ao auditorio municipal o sábado 18 de marzo ás 20.30 horas. O prezo da entrada será de 2 euros e poderán mercarse no propio auditorio, en Milar-Teleson e en Puntera Zapatos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí