Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Contribucións do territorio do Río Miño Transfronteirizo á Cimeira Ibérica 2022

O territorio transfronteirizo do Río Miño ten importantes características comúns e forte interdependencia nas súas relacións económicas, sociais e culturais.

O territorio transfronteirizo do Río Miño ten importantes características comúns e forte interdependencia nas súas relacións económicas, sociais e culturais.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Octubre de 2022

Fuente: AECT Río Miño

O territorio transfronteirizo do Río Miño ten importantes características comúns e forte interdependencia nas súas relacións económicas, sociais e culturais.

A súa situación xeoestratéxica no centro da Eurorrexión fai do Río Miño un espazo de cooperación singular que abrangue a zona de fronteira máis dinámica e de potencial socioeconómico entre España e Portugal. Nos seus cinco pasos fronteirizos -dos 64 existentes - asume máis do 50% total do fluxo de vehículos, ten activas unhas 13.000 persoas traballadoras transfronteirizas, conta con tres eurocidades e outros eixos urbanos con dinámicas de cooperación informais, e dispón do único río internacional declarado área da rede Natura 2000, ademais dun patrimonio material e inmaterial conxunto recoñecido de xeito internacional. Os seus obxectivos de futuro están incluídos nunha planificación estratéxica (Estratexia Río Miño 2030) na que participaron 500 entidades.

Durante centos de anos após de que os Estados fixaran as fronteiras, os territorios fronteirizos tiveron un perxuízo de desenvolvemento económico polo efecto fronteira e a imposibilidade e/ou dificultade de relacionarse socioeconomicamente. Coa pandemia do COVID, 25 anos despois da apertura das fronteiras, os Estados decidiron un peche que tivo un dobre impacto económico no territorio.

Por isto, a Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e o AECT Rio Minho solicitan aos estados  español e portugués o seu apoio específico tendo unha ollada integral para este territorio coas seguintes prioridades para o desenvolvemento na cooperación transfronteiriza España-Portugal:

  • Desenvolvemento Local e Cohesión Terrritorial no Río Miño Transfronteirizo. Valoración e debate sobre a importancia da fronteira internacional do río Miño pola súa situación xeoestratexia e pola súa característica de fronteira máis transitada e con maior potencial de dinamismo socioeconómico. Análise da posibilidade dunha Intervención Territorial Integrada ou da aposta por un proxecto gobal de desenvolvemento territorial estruturante no marco da novo programa Interreg.
  • Conectividade e desenvolvemento empresarial. Garantía de investimento público para mellorar a conectividade e transporte de mercadorías entre o aeroporto de Vigo, os Portos de Vigo e Viana do Castelao, as infraestruturas viarias (A52 na Galiza e A3, A28 e A27 en Portugal) e a rede de parques empresariais e centros de loxística.

 

 

 

 

 

  • Aposta polo corredor atlántico ferroviario. Apoio claro da alta velocidade Vigo-Porto cunha mellora da liña e o aumento do número de frecuencias. Aproveitamento da actual infraestrutura –mellorada- para ser explotada como tren de proximidade transfronteirizo que permita ao territorio conectar os grandes núcleos urbanos entre ambas cidades.               
  • Facer máis Europa integrando a cidadanía e facilitando a mobilidade transfronteiriza. Aposta pola mellora da mobilidade sustentable transfronteiriza tanto no ámbito ferroviario (alta velocidade e tren de proximidade) como impulsando proxectos singulares de mobilidade local, como o da ponte peonil e ciclable entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira no que a Deputación xa ten redactado o proxecto.
  • Mellora da cobertura, a conectividade e a oferta de servizos dixitais e de telecomunicacións (rede móbil, fibra óptica e 5G).
  • Posta en marcha a Tarxeta de Cidadanía Transfronteiriza para a poboación dos concellos limítrofes ao Río Miño que permita xeneralizar a utilización común de equipamentos e o acceso común a servizos de proximidade, ademais de simplificar a súa vida na fronteira.
  • Defensa ambiental dun recurso natural común. Promover e impulsar un compromiso dos Estados para un proxecto integral de saneamento e mellora ambiental do Río Miño. Apoiar iniciativas conxuntas nacidas no territorio sobre promoción turística que procuren desenvolvemento económico e innovación territorial atraendo persoas, empresas e novas actividades.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí