Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Cruz Vermella lanza unha campaña para promover o voluntariado en Baixo Miño

Os programas dirixidos á infancia, persoas maiores e inmigrantes son nos que se precisa máis axuda.

Os programas dirixidos á infancia, persoas maiores e inmigrantes son nos que se precisa máis axuda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Febrero de 2023

Fuente: Asamblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño

Cruz Vermella vai desenvolver durante as próximas semanas unha campaña co obxectivo de promover o voluntariado para os seus programas en Baixo Miño. As accións da campaña darán comezo o día 24 con reparto de información e seguirase con diferentes acciones de divulgación durante os próximos meses.

Os destinatarios desta campaña son aquelas persoas maiores de 16 anos, con inquietudes sociais e que dispoñan dalgunhas horas libres á semana. Ademais, non fai falla ter un perfil específico, xa que a institución facilita a formación necesaria para o correcto desenvolvemento da actividade. Principalmente, preténdese ampliar o número de persoas voluntarias que se animen a participar nos distintos proxectos que se desenvolven dirixidos á infancia, a persoas maiores e inmigrantes.

 

Actualmente, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Baixo Miño conta coa colaboración dun equipo de voluntariado activo de máis de 35 persoas que cada día participan dunha forma solidaria e altruísta no desenvolvemento dos diferentes programas. No último ano, desenvolvéronse 2.100 horas de acción voluntaria na comarca que permiten a realización dunha serie de actividades que non serían viables sen a aportación das persoas voluntarias. Sen embargo, a maior demanda de servizos sociais e os novos problemas emerxentes fan necesaria unha maior incorporación de voluntarios e voluntarias á Institución.

 

A Forza V, a Forza do Voluntariado

Cruz Vermella é a organización co maior movemento voluntario do mundo. Como referentes neste ámbito, Cruz Vermella busca seguir innovando para coñecer as inquietudes e causas que orientan ó voluntariado a prestar axuda ós demais, apostando por un modelo de voluntariado que evoluciona, que se forma e que é activo, solidario e crítico.

 

Para a Institución, todo o que pasa réxese polas leis da física: igual que os obxectos caen pola gravidade, igual que a forza afecta ós obxectos en aceleración, existe a ‘Forza V’, a forza que move ó voluntariado ante una situación de necesidade para responder, para axudar no seu entorno, e en todas partes.

 

Así queda demostrado día a día, acompañando a persoas maiores para paliar unha situación de soidade non desexada, escoitando as que precisan un desafogo emocional, orientando e formando ás que necesitan un emprego, ou entregando bens e produtos de primeira necesidade en xeral a quen o precisa.

 

O perfil máis numeroso das persoas que deciden facer voluntariado en Cruz Vermella é o de muller, cunha media de 41 anos, e estudos superiores, que realiza a súa acción de voluntariado na área de Intervención Social.

 

Sobre Cruz Vermella

Cruz Vermella representa o maior movemento humanitario, cidadán e independente do mundo. Leva 158 anos colaborando con entidades públicas e privadas para que a humanidade e a dignidade chegue a tódalas persoas, en calquera lugar, e en todo momento e circunstancias.

 

En España, Cruz Vermella conta con máis de 256.000 persoas voluntarias e máis de 1.250 puntos de atención en todo o territorio, que permiten atender anualmente a case 15 millones de persoas en todo o mundo.  Todo isto co apoio de preto de 1,4 millóns de socios, empresas e aliados en tódolos sectores da sociedade.

 

Cruz Vermella lanzou o plan ‘Cruz Vermella Reacciona: unha resposta directa, inmediata e próxima ante a crise provocada pola pandemia, o cambio climático e o conflito en Ucrania para responder ás crecentes necesidades da poboación no contexto de incremento sostido dos prezos de bens e servizos básicos. Nunha primeira fase, Cruz Vermella pretende atender as necesidades de máis de 100.000 persoas cun presuposto inicial de 8 millóns de euros. Ante a necesidade básica urxente, Cruz Vermella Reacciona axuda na cobertura inmediata coa entrega de bens e axudas económicas; fomenta o coñecemento de medidas que reducen o nivel de necesidade ou amplía os recursos de cada persoa para mellorar a súa situación; promove a autonomía das persoas, a fin de que lideren o seu propio proceso de cambio; e busca ser una resposta inmediata con vocación de transformación duradeira, implementando accións que consoliden os cambios.

 

Cruz Vermella Española pertence o Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella presente en 192 países. Actuando sempre baixo os seus Principios Fundamentais: Humanidade, Imparcialidade, Neutralidade, Independencia, Carácter Voluntario, Unidade e Universalidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí