Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

David Regades defende a Reforma Laboral como o froito -dun gran acordo social- e reclama un gran acordo político para sacala adiante

Feijoo caeu na política negacionista que irradia Génova e Pontón está no discurso de que todo o que veña de Madrid é malo

Feijoo caeu na política negacionista que irradia Génova e Pontón está no discurso de que todo o que veña de Madrid é malo

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Enero de 2022

Fuente: PSdG-PSOE

“Como é posible que un gran pacto social, asinado pola patronal e os principais sindicatos, para erradicar os contratos precarios e consolidar a calidade no emprego non se secunde cun gran acordo político?” preguntouse o secretario xeral dos socialistas da provincia, David Regades, durante o almorzo informativo que hoxe ofreceu en Vigo acompañado dos/as deputados/as Guillermo Meijón e Ángeles Marra e os/as senadores/as María Adrio e Modesto Pose. Regades amosouse convencido de que nas próximas semanas iranse sumando os apoios necesarios para que a Reforma Laboral saia adiante no debate parlamentario.

“Hoxe hai menos xente no paro e máis xente cotizando na Seguridade Social que cando España estaba gobernada polo PP”, recalcou, antes de detallar que o desemprego descendeu na provincia de Pontevedra, dende que Pedro Sánchez é presidente do Goberno nun 10,3%, pois pasou das 170.065 persoas sen emprego que había en xuño de 2018 ás 152.584 da actualidade “e iso a pesar de que no medio cruzouse a pandemia e a peor crise recente da humanidade”. En paralelo, o número de cotizantes á Seguridade Social incrementouse nun 3%, pasando de 352.326 persoas na provincia a 362.528 para o mesmo período. David Regades concluíu que o Goberno de Pedro Sánchez “séntalle moi ben a esta provincia, o motor socioeconómico de Galicia” pois a redución do desemprego en Vigo neste tempo de goberno socialista estivo preto do 10%, foi de máis dun 12% na cidade de Pontevedra e situouse por enriba do 11% en Vilagarcía. “Agora toca sentar as bases lexislativas para que o emprego siga crecendo”. O secretario xeral abundou en que o escenario macroeconómico, “a pesar das crises nas cadeas de subministracións e dos semicondutores” apunta nesa dirección.

Regades recalcou que “a sociedade galega está de acordo con esta Reforma Laboral, pero parece que o PP e o BNG, non”. “Feijoo fixo unhas vagas declaracións, vítima da política negacionista que irradia a sede de Génova”. O secretario xeral socialista falou dos “silencios covardes e torpes” do presidente da Xunta e engadiu que “Feijoo está a desaproveitar unha oportunidade de demostrar que é un político de Estado e de raza”.

Ao BNG espetoulle que se instalou no discurso de que “todo o que veña de Madrid é malo” e que parece sumido nun debate sobre se as súas siglas son agora máis ou menos independentistas. “O Partido Socialista é unha forza federalista que sabe valorar a rebaixa histórica das peaxes da autoestrada, a chegada do AVE a Galicia ou a aprobación duns Orzamentos Xerais do Estado que son claves para a recuperación en toda España”. Regades lamentou que os nacionalistas carezan da visión de sumarse e lembroulles que “á sociedade preocúpanlle cousas como a creación de emprego”.

Neste mesmo senso, o deputado Guillermo Meijón afirmou que o BNG “é vítima do seu mantra de admitir que todas as decisións do Goberno van na boa dirección, pero son insuficientes”. “A realidade é que se está a facer un gran esforzo e esta Reforma Laboral é outra proba”. De feito, recordou, “non é un texto do PSOE, senón o texto que pactaron os empresarios e os sindicatos”. Ademais advertiu a quen “compre” o discurso do BNG que estará secundando que os convenios de empresa volvan estar por enriba dos sectoriais.

David Regades insistiu en que tivo que ser un goberno do Partido Socialista o que recuperara o consenso entre os axentes sociais e incidiu en que con esta nova regulación laboral apóstase pola calidade no emprego ao recuperar os convenios colectivos sectoriais que eliminou o PP e limitar o papel dos convenios de empresa á mellora das condicións pactadas nos sectoriais. Ademais, introdúcese a ultraactividade dos convenios, é dicir, o mantemento das condicións acordadas unha vez esgotada a súa vixencia. “É, por tanto, a Reforma Laboral do crecemento sostible dos salarios e do equilibrio entre as partes na negociación laboral”.

O texto aposta tamén pola contratación indefinida, pois os contratos presúmense por tempo indefinido e páutanse adecuadamente os contratos de formación, en prácticas ou as contratacións ocasionais por circunstancias da produción e por substitución de traballadores/as. Refórzanse os ERTE e créase o mecanismo RED de flexibilidade estabilización do emprego, que deberá aprobar o Consello de Ministros cando sexa necesario pola coxuntura macroeconómica ou por necesidades sectoriais. Finalmente, poténciase a Inspección de Traballo e se reforza o réxime sancionador por incumprimento dos requisitos dos ERTE o do novo mecanismo RED.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones