Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Deputación de Pontevedra e Delegación de Goberno redobran alianza e estratexia conxunta cara á recuperación da provincia

Carmela Silva subliña o compromiso real do estado para a saída da crise -con recursos como nunca se fixo-, e traslada ao delegado obxectivos e plans provinciais xa en marcha

Carmela Silva subliña o compromiso real do estado para a saída da crise -con recursos como nunca se fixo-, e traslada ao delegado obxectivos e plans provinciais xa en marcha

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Mayo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva recibiu hoxe ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na súa primeira visita oficial á institución na que analizaron os grandes retos da provincia diante do escenario de recuperación socioeconómica. Na comparecencia deuse unha total coincidencia entre ambos representantes públicos na necesidade de que a administración local sexa unha das canles prioritarias para o reparto dos fondos Next Generation da Unión Europea. Así, mentres o delegado destacou que son os concellos e deputacións quen “xestionan o día a día”, Carmela Silva cualificou como “fundamental” que o 15% dos fondos europeos que reclama a FEMP e a FEGAMP se canalice a  través do mundo local: “Se queremos transformar este país temos que estar nesa xestión, porque temos una enorme capacidade para executar transformacións, estamos na proximidade e ninguén coñece mellor a realidade”. No encontro, José Miñones asinou no Libro de Honra cunha dedicatoria na que comprometeu o seu traballo e tempo para “estreitar lazos e facer de ponte entre o Goberno de España e a Deputación”, acto no que Carmela Silva destacou “a necesidade de consensuar estratexias. Estamos moi necesitadas/os deste tipo de relacións institucionais baseadas na lealdade”.

A presidenta provincial puxo en valor “os miles de millóns que o goberno de España está a destinar á xente e á recuperación neste escenario de saída da pandemia” e pediu a Miñones que transmita “o orgullo que supón que se teñan tomado medidas de apoio como nunca e con políticas anticíclicas que reflicten un compromiso de verdade”. Nese sentido, o representante do estado en Galicia cifrou en 2.700 millóns de euros o impacto do “escudo Social” despregado na provincia de Pontevedra, con máis de 85.000 persoas e 13.000 empresas  beneficiadas polas políticas de protección fronte á COVID-19. Supuxo, engadiu, “230 millóns para ERTE, 564 millóns para prestacións ou máis de 2.100 millóns en préstamos para autónomos, pemes e empresas da provincia”. Un total de 9.572 persoas da provincia percibiron xa o Ingreso Mínimo Vital. Ademais, explicou que “o Goberno xa apoiou á Xunta de Galicia transferíndolle 1.258 millóns de euros vinculados á pandemia”. A última achega do Goberno do Estado son os 234,5 millóns de euros para indemnizar a persoas autónomas, pemes e empresas máis afectadas polas medidas cautelares a raíz da pandemia. Nesta liña, Carmela Silva subliñou que “a aplastante maioría dos recursos  que chegaron e están chegando ás persoas e sectores máis afectados pola crise foron trasladados polo Goberno do Estado”. A presidenta aplaudiu o anuncio de que se van a destinar 15.000 millóns de euros dos fondos europeos que xestionarán directamente os entes locais e, igualmente, cualificou de boa nova os fondos dotados con  10.000 millóns para a loita contra o despoboamento e a cohesión territorial.

José Miñones situou á Deputación como referencia no ámbito da cooperación co municipalismo a través de ferramentas como o Plan Concellos, “que supón unha parte moi importante do orzamento provincial”. “A cooperación, o respecto á autonomía local e o equilibrio territorial son tres alicerces desta iniciativa que coinciden co que no Goberno pensamos que é fundamental”, relatou antes de subliñar que “a Deputación é quen de lograr un mellor reparto de achegas e que os seus fondos e iniciativas chegan a cada punto da provincia”. O delegado, que recordou que a institución provincial foi premiada en 2019 cun premio Menina pola súa loita incansable contra a violencia machista, repasou a implantación do programa VioXén lembrando que 12 concellos da provincia xa teñen asinada a colaboración das súas policías locais e anunciando que en breve incorporaranse outros seis (A Guarda, Tui, Ponteareas, Cangas, Cambados e Nigrán).

Un “aliado” da Deputación para o Plan Estratéxico Provincial de Fondos Europeos

Carmela Silva entregou a José Miñones o Plan Estratéxico de Fondos Europeos (tanto para os Next Generation como para os fondos estruturais) nos que a Deputación aspira a captar ata 300 millóns de euros para encamiñar á provincia cara a dixitalización, a cohesión territorial, a transición ecolóxica da economía e a igualdade, obxectivos aliñados coas políticas panca sinaladas polo Goberno no Plan de Reactivación, Transformación e Resiliencia. Silva pediu ao delegado que se converta nun “aliado” da Deputación. Ademais avanzou as grandes liñas do plan ReacPon, que será aprobado en Pleno o próximo venres e que vai significar outros 20 millóns de euros en financiamento regrado para os concellos, recursos cos que a Deputación se adianta á eventual chegada de financiamento da UE. Nesta mesma liña, informou dos plans de sostibilidade turística impulsados pola Deputación para as comarcas do Condado-Paradanta e Deza-Tabeirós, xa presentados diante da Xunta de Galicia.

A presidenta detívose tamén na transformación que xa está a supoñer o programa provincial SmartPeme para o tecido empresarial da provincia, especialmente para as persoas autónomas e pemes. Un programa, recalcou, sen equivalente noutras Administración e que naceu en 2016 para axudar á transformación dixital utilizando todo o potencial das tecnoloxías da información e a comunicación. Neste tempo, 3.500 empresas beneficiáronse dos 1.600 obradoiros organizados dende as 7 oficinas de SmartPeme que, ademais, atenderon máis de 10.000 asesoramentos individuais. Silva aproveitou para anunciar unha nova iniciativa en relación ás mulleres e as tecnoloxías e pediu que o Goberno de España teña moi en conta este programa.

A eliminación dos puntos negros no Camiño de Santiago a través da colaboración estatal foi outro dos asuntos abordados antes de repasar os próximos investimentos do Goberno na provincia no marco dos Orzamentos Xerais 2021. Neste eido, a presidenta revelou a inminencia das obras do nó de Bombeiros en Pontevedra, que contan cunha partida orzamentaria de 2,3 millóns de euros. “O Goberno está traballando no convenio para a rebaixa das peaxes con Audasa e inmediatamente despois farase este outro convenio para que esta obra que xa está nos Orzamentos se converta nunha realidade”.

Na visita abordouse tamén a colaboración a través do Instituto para  a Diversificación Enerxética (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica que subvenciona 75 proxectos que supoñen un avance medioambiental na provincia cun total de 39,2 millóns de euros. A colaboración da Deputación permite que 4,02 millóns de euros deste montante chegue a varios concellos da provincia. A maiores lembrou que o Goberno, a través do Ministerio de Transportes e Axenda Urbana, e a Deputación están a colaborar na recuperación e musealización de 17 castros e xacementos arqueolóxicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí