Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Derradeiros días para participar no XI Certame fotográfico Viaxando

Participará en concurso único, mocidade de entre 12 e 35 anos.O prazo rematará o 22 de setembro do 2017 .

Participará en concurso único, mocidade de entre 12 e 35 anos.O prazo rematará o 22 de setembro do 2017 .

Fecha: 19 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

"BASES DO "XI CERTAME FOTOGRÁFICO VIAXANDO"

ORGANIZAN: ESPAZO XOVE DE TUI E AS OFICINAS MUNICIPAIS DE INFORMACION XUVENIL DE O ROSAL, A GUARDA, TOMIÑO, SALCEDA DE CASELAS, BAIONA, GONDOMAR E O PORRIÑO

TEMÁTICA
- A temática responderá ao título do certame "VIAXANDO"

PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
- Participará en concurso único, mocidade de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode presentar unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 20X30, sempre pegadas sobre unha cartolina negra DIN A3.
- A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
- As fotografías nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.

FORMA DE PRESENTACIÓN
- A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado co pseudónimo do autor/a escrito por fóra e, no seu interior, os seguintes datos: o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.

LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
- As fotografías entregaranse nas instalacións do Espazo Xove de Tui a nas OMIX da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas e O Porriño, nos seus horarios de atención ó público. O prazo rematará o 22 de setembro do 2017 .
- Cando a fotografía se presente por correo ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o remitente deberá de comunicalo por fax ou correo electrónico ó concello correspondente ou Espazo Xove de Tui, o mesmo día no que a presente.

XURADO E FALLO
- O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que se delegue en número impar. O fallo do xurado darase a coñecer nos medios de comunicación, nas redes sociais das OMIX, ademais de comunicalo persoalmente ao gañador/a por teléfono. Dito fallo farase público o 6 de outubro de 2017.

PREMIO
- Concederase un único premio consistente nunha Tablet.

EXPOSICIÓN
- Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá o Espazo Xove de Tui e as OMIX que forman parte deste traballo en rede, inaugurándose oficialmente no Concello do Rosal.

DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA
- De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ás OMIX que levan a cabo este traballo en rede e o Espazo Xove de Tui co carácter de exclusividade, os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.

OBRAS NON PREMIADAS
- A presentación dunha fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso ás OMIX e ó Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede, especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos exposicións, catálogos e páxinas web.
- As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores/as, sempre pola súa conta entre os meses de outubro a decembro de 2018, perdendo os seus dereitos no caso de non facelo. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.

ACEPTACIÓN DAS BASES
- A participación neste certame supón a aceptación total das presentes bases e fallo do Xurado. O Xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.

- O xurado poderá declarar deserto o premio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones