Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Empresas de todos os sectores daranse cita en Nigrán para tecer lazos de unión para promocionar o territorio

O vindeiro 14 de novembro organiza a terceira edición do Workshop de do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O vindeiro 14 de novembro organiza a terceira edición do Workshop de do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Noviembre de 2022

Fuente: Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa tecendo lazos para promocionar o territorio dunha forma unida. Por este motivo, o vindeiro 14 de novembro organiza a terceira edición do Workshop de empresas turísticas, unha nova xornada que servirá para poñer en contacto a entidades turísticas con empresas doutros sectores dos 14 concellos do xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) para impulsar o traballo en rede e dar pulo a sinerxías  que faciliten a creación de novos produtos turísticos e á promoción do territorio como destino.

Este novo taller terá lugar ás 18.00 horas nas instalacións de Trisk-Ale no Porto do Molle, en Nigrán, que permitirá seguir ao camiño iniciado con grande éxito hai xa un ano e reforzado tras os dous primeiros encontros realizados en Tui e Redondela.

Neste encontro as empresas participantes disporán aproximadamente de dúas horas para coñecer outras entidades de todo o territorio e establecer contactos comerciais con outros operadores turísticos do xeodestino ou empresas do sector primario, favorecendo a posta en marcha de colaboracións, iniciar alianzas e a creación de espazos para artellar novas experiencias turísticas.

Tras o workshop servirase un cocktail de degustación no que as persoas participantes poderán seguir intercambiando impresións. As persoas e entidades interesadas en participar poderán inscribirse a través dun formulario web.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí