Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Empresas y autónomos de Pontevedra podrán mejorar su competitividad con cinco talleres SmartPeme+ online

La Deputación organiza cinco talleres SmartPeme+ entre el 24 y el 28 de noviembre para apoyar la digitalización del tejido empresarial.

La Deputación organiza cinco talleres SmartPeme+ entre el 24 y el 28 de noviembre para apoyar la digitalización del tejido empresarial.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Noviembre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

La Deputación de Pontevedra reforzará la capacitación tecnolóxica do tecido empresarial provincial cunha nova semana de obradoiros da Rede SmartPeme+. Entre o 24 e o 28 de novembro celebraranse cinco talleres telemáticos, todos eles con inscrición previa, pensados para mellorar competencias dixitais de emprendedores, autónomos e pequenas empresas.

A programación abrangue contidos moi demandados, desde a planificación avanzada de redes sociais ata o deseño técnico en 2D, pasando polo uso profesional de WhatsApp en aloxamentos turísticos, a creatividade no embalaxe para Nadal e a análise de mercado para novos negocios.

A semana formativa arranca o luns 24, ás 12:00 h, co obradoiro Organiza, planifica e programa os teus proxectos III: unindo Metricool e Notion, impulsado pola oficina de Ponteareas. A sesión, impartida por Guillermo Nass, permitirá ás persoas participantes integrar estas dúas ferramentas para mellorar a xestión e programación de contidos.

O martes 25, ás 11:00 h, celebrarase Deseña en 2D: os teus primeiros bocetos con OnShape, organizado desde Barro. O asesor Manuel Tornos guiará unha introdución práctica ao deseño técnico e ao debuxo industrial.

O mércores 26, ás 12:00 h, a oficina de Vigo ofrecerá WhatsApp para aloxamentos turísticos, impartido por Patricia Cabaleiro. A sesión amosará as vantaxes de WhatsApp Business como ferramenta de márketing dixital e atención ao cliente.

O xoves 27, tamén ás 12:00 h, terá lugar o taller Preparación de última hora do packaging de nadal no teu negocio, da man de Fátima Faílde. A formación porá o foco en como unha boa presentación do produto pode transmitir emoción, identidade local e reforzar a marca.

A semana pechará o venres 28, ás 12:00 h, co obradoiro A importancia de coñecer o mercado e a túa competencia para crear negocio, organizado desde Vigo e impartido por Sabela Álvarez. A sesión abordará técnicas para analizar tendencias, necesidades dos clientes e identificar competidores antes de lanzar un proxecto empresarial.

A Deputación lembra que destina neste 2025 un total de 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e ao programa Acelera Pyme Rural, con oficinas en Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. A rede presta asesoramento a máis de 2.500 emprendedores e pemes cada ano e organiza arredor de 200 accións formativas centradas no crecemento empresarial, a innovación e a dixitalización.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Free Tour por Tui