Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - ANDAINA POLA RUTA MÁXICA DE OIA

Un percorrido de 20 km na súa totalidade que, combinando patrimonio natural e patrimonio histórico, pon ao alcance do visitante lugares de interese especial.

Fecha: 23 de Diciembre de 2013

Fuente: Infomiño.com

A Ruta Máxica de Oia, aproveita as pistas forestais de servizo que percorren a ladeira occidental da serra da Groba, polas parroquias de Santa María de Oia, San Mamede de Pedornes, San Miguel de Viladesuso e Santa Uxía de Mougás, para articular un percorrido de 20 km na súa totalidade que, combinando patrimonio natural e patrimonio histórico, pon ao alcance do visitante lugares de interese especial.

As actuacións levadas a cabo nos últimos anos polas respectivas comunidades de montes, nas contornas dos petróglifos da Pedreira (Oia) e A Pousadela (Pedornes), nas Sobreiras do Faro (Viladesuso), así como no recinto fortificado e petróglifos adxacentes da Cabeciña (Mougás), todos eles elementos craves da Ruta Máxica de Oia, posibilitaron a realización da mesma. Para facilitar o acceso desde O Viveiro á zona de Outeiros do Morouzo, enclave de gran interese polos seus gravados e impoñentes vistas, pero pouco visitado por atoparse desviado da estrada principal, habilitáronse uns 200 m de pista forestal. Ademais acondicionáronse e rozáronse os accesos a algunhas das áreas de maior interese.

Do total de 17 áreas de obrigada parada presentes no percorrido, en 10 delas pódese gozar de impresionantes vistas sobre a costa rochosa de marcado relevo e os núcleos de poboación das catro parroquias pola que discorre. Nove destas áreas inclúen grupos de petróglifos e en dúas delas tamén se poden observar os restos de dous recintos fortificados. Por outra banda, tamén se pode observar a característica orografía da ladeira occidental da serra da Groba coas súas pronunciadas pendentes sobre a rasa atlántica e os seus campos de cultivo. Outros accidentes xeográficos a destacar son o marcado canón do río Broi, os múltiples regatos que, sobre todo en épocas de choiva, tinguen de branco a súa canle ao estar cheos de fervenzas debido ás fortes pendentes, ou as numerosas pozas de baño que albergan, destacando as afamadas pozas de Mougás. En canto á flora cabe sinalar o sobreiral (Quercus suber) de Sobreiras do Faro, considerado o bosque mediterráneo máis occidental de Europa, ou os fentos xigantes (Dicksonia antarctica) presentes no río de Vilar. Dentro do reino animal, ademais da presenza de cabalos, vacas, ovellas e cabras, pódense observar outras especies de mamíferos tales como coellos ou xabarís, numerosas especies de aves, destacando a presenza de aves rapaces, así como case a totalidade de especies de réptiles e anfibios presentes na comarca do Baixo Miño, incluíndo a salamandriña galega ou rabilonga (Chioglossa lusitanica), un endemismo do noroeste peninsular.

Os 35 postes direccionais de madeira tratada xa colocados, os cales inclúen as distancias aos puntos máis próximos nos dous sentidos da ruta, cobren todas as interseccións de interese ao longo do percorrido, permitindo ao camiñante saber en todo momento onde se atopa ou que dirección tomar; así mesmo, isto permite facer a ruta completa, ou de forma parcial, segundo o tempo do que se dispoña.

Comezando o percorrido en Santa María de Oia, no km 2 da estrada da Valga, a ruta arrinca cunha paisaxe excepcional desde o mirador da Pedreira sobre o porto de Oia e o seu mosteiro cisterciense; ademais, ponnos en contacto cos primeiros petróglifos do percorrido, aos que seguirán os do Río Vilar (Figueirido), Alto do Visiño, Outeiros do Morouzo e A Pousadela, permitíndonos gozar dun variado repertorio iconográfico a base de motivos xeométricos, representacións humanas e de animais, así como das famosas embarcacións presentes na contorna de O Viveiro.
Na Pousadela deixamos Pedornes e entramos na parroquia de Viladesuso dirixíndonos cara ao fondo do espectacular canón do río Broi e o seu magnífico bosque de sobreiras (alcornoques) catalogado como espazo privado de interese natural pola Xunta de Galicia. De aí continuaremos en lixeiro ascenso cara ao recinto fortificado de Cano dos Mouros cunha ampla panorámica sobre a paisaxe da parroquia e do propio canón, ao cal pecha pola súa cara norte.

Cano dos Mouros supón a transición cara ao Norte á parroquia de Mougás, onde un suave descenso lévanos cara aos gravados das Goteiras, ademais da panorámica que nos ofrece o Outeiro da Cheira sobre o barrio da Granxa de Mougás, orixinariamente granxa do mosteiro de Oia. Neste punto iniciaremos o descenso cara ás fervenzas do río da Fervenza, o cal se continúa coas Pozas, un lugar amplamente coñecido e recoñecido como zona de baño e descanso, e cos petróglifos de O Pousiño ou as múltiples fervenzas dos regatos da contorna.

De aquí a ruta continúa cara ao Oeste cun pequeno desvío cara aos petróglifos presentes na zona de Pedra Lan para finalmente levarnos ata a elevación da Cabeciña, un conxunto arqueolóxico de gran interese polo seu recinto fortificado e os seus singulares gravados rupestres, situados nun lugar de panorámica espectacular.

Desde este enclave descéndese xa directamente cara á estrada provincial PO-552 no barrio da Mata en Mougás.

Galería Fotográfica de Infomiño Noticias

Fotos de Sara Carrera Coímbra e Fernando Domínguez

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones