Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - O Rosal conta xa cunha área de recepción de visitantes nos Muíños do Folón

A Directora de Turismo de Galicia visitou as obras na mañá deste venres

A Directora de Turismo de Galicia visitou as obras na mañá deste venres

Fecha: 31 de Diciembre de 2016

Fuente: Infomiño.com


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, visitou este venres os traballos de acondicionamento da área de recepción de visitantes dos Muíños de Folón e do Picón para os que o seu departamento destina un total de 250.000 euros.

 

Habilitarase unha área de chegada, un aparcadoiro para turismos e autobuses, un punto limpo, aseos e unha zona de descanso

Os traballos que se están desenvolvendo dotarán aos Muíños de Folón e do Picón dunha área de recepción de visitantes, da que agora carece. A intervención inclúe a creación dunha área de chegada, dunha zona de aparcadoiro para turismos e autobuses e dun punto limpo para que os visitantes deixen recollidos os residuos que xeren durante a súa visita.

Así mesmo, estase a realizar un pequeno volume que acollerá os aseos para uso dos visitantes e tamén se acondicionará unha zona para charlas ao aire libre e descanso. Desta maneira, ademais de visitar o conxunto mediante unha ruta circular, poderanse realizar actividades complementarias e relacionadas co ocio e co turismo neste espazo natural.

Durante a visita, a directora de Turismo de Galicia asegurou que esta mellora permitirá poñer en valor este conxunto patrimonial, declarado Ben de Interese Cultural, que constitúe un complexo histórico, etnográfico e industrial único en Europa. Ademais, segundo afirmou, potenciarase a oferta turística da comarca do Baixo Miño.

Así mesmo, Nava Castro aproveitou a ocasión para enxalzar que Galicia conta cun "rico patrimonio construído así como importantes tradicións, elementos etnográficos e da vida social e tradicional polos que debemos apostar para non perder esta cultura propia que nos identifica como pobo".

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 30 de decembro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

A Directora de Turismo de Galicia visitou as obras na mañá deste venres  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí