Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Espectáculo estático para recibir este 5 de xaneiro ao Reis Magos no Rosal

Os Reis Magos saudarán ao público dende o Concello, onde serán recibidos polos cantos de reis a cargo de grupos de música tradicional do municipio

Os Reis Magos saudarán ao público dende o Concello, onde serán recibidos polos cantos de reis a cargo de grupos de música tradicional do municipio

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Enero de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Os Reis Magos continúan adaptándose á realidade sanitaria para seguir achegando a súa maxia a rosaleiros e rosaleiras. O vindeiro 5 de xaneiro a Praza do Calvario dará a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar, que cambiarán a tradicional cabalgata por unha tarde de lecer para público infantil e familiar cun espectáculo estático con todas as medidas de seguridade.

A tarde comezará ás 17.00 horas co novo espectáculo de Peter Punk, ‘Punkdemia’, unha mestura de circo, malabares, humor e clown perfecta como antesala á chegada das súas maxestades. Un espectáculo viral no que, a través de catro fases, Peter Punk e o seu vello amigo Tranquilo amosarás a súa particular visión da pandemia: o público poderá ver como se viste un pallaso para protexerse da pandemia, malabares con coronavirus ou unha nova técnica para botar o virus do corpo empregando globos dun xeito sorprendente. Para rematar, descubrirá a Vacina da Risa e subirá á Corentrona, unha cadeira de rodas na que Peter Punk amosará as súas habilidades e baixará a rampla da desescalada para bater co muro dos recortes.

Xa ás 17.45 horas os Reis Magos de Oriente chegarán ao Concello escoltados polo Trebón do Xidos, onde serán recibidos polos cantos de reis dos grupos de música tradicional do municipio Lirolai, Orballo, Os Carballas e Airiños do Folón. Ás 18.00 horas as súas maxestades saudarán aos nenos e nenas dende a balconada do Concello.  

Todas estas actividades serán de balde con entrada libre ata completar aforo e con todas as medidas de seguridade necesarias, respectando o uso de máscara e a distancia social. “Seguimos apostando pola cultura segura, adaptándonos de forma rápida ás novas circunstancias da actual situación sanitaria para que os rosaleiros e rosaleiras poidan seguir desfrutando do lecer priorizando a saúde”, salientou a alcaldesa Ánxela Fernández. A rexedora quixo agradecer ademais “a colaboración dos grupos tradicionais e de todas e todos os participantes nestas actividades, así como do público, que acolle as medidas de seguridade con total naturalidade e cumpre todas as normas que a COVID-19 nos está obrigando a implementar”.

En caso de choiva a actividade trasladarase ao pavillón municipal, onde o público poderá gozar da actuación de Peter Punk e da visita e dos saúdos dos Reis Magos. Ao ser un espectáculo nun espazo pechado solicitarase ao público o certificado COVID.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí