Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este sábado celébrase o II Concerto Solidario de Protección Civil en favor de SOS Tomiño Baixo Miño

O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá ás 18.00 h as actuacións da Agrupación Musical de Goián, da Banda de Música Popular de Tui e de Iker Faure e Noemí Fernández.

O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá ás 18.00 h as actuacións da Agrupación Musical de Goián, da Banda de Música Popular de Tui e de Iker Faure e Noemí Fernández.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui organiza por segundo ano consecutivo un Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. No evento contan coa colaboración do Concello de Tui.

Este II Concerto Solidario terá lugar o sábado día 10, ás 18.00 h, no Teatro Municipal, e para acceder será necesario entregar 1 quilo de alimentos non perecedoiros, como mínimo, que se destinará a SOS Tomiño Baixo Miño.

 

O concerto contará coas actuacións da Agrupación Musical de Goián, da Banda de Música Popular de Tui, e dos cantantes porriñeses Iker Faure e Noemí Fernández.

 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, coa organización deste evento aportan o gran de area nun evento, nunhas datas tan especias, no que a solidariedade se verá multiplicada en forma de alimentos. Os e as voluntarias ao longo do ano está presente en eventos deportivos, culturais e sociais, amais de acudir en calquera situación de emerxencia, desempeñando un labor voluntario e totalmente altruísta. Neste 2022 atenderon 124 accidentes en estrada, actuaron ante a presenza de 53 animais en estrada, levaron a cabo unha asistencia sanitaria, acudiron a 44 incidencias de circulación, 9 salvamentos, e 50 incidencias con 95 operativos despregados.

 

Do mesmo xeito, os e as compoñentes da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño desempeñan a súa actividade de maneira voluntaria e altruísta, repartindo este 2022 entre 5 e 6 toneladas de alimentos cada quince días entre 170 familias de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí