Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este venres o Teatro Municipal acolle a presentación do disco -Salvado - Piano Works- de Andrea González

En Tui inicia unha xira de concertos por España recuperando a obra musical de frei Rosendo Salvado

En Tui inicia unha xira de concertos por España recuperando a obra musical de frei Rosendo Salvado

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Teatro Municipal de Tui vivirá este venres, 3 de xuño, unha excepcional xornada co concerto – presentación do disco “Salvado – Piano Works” da pianista tudense Andrea González, no que recupera a fascinante música do monxe Rosendo Salvado. Neste disco, editado por Warner Music, inclúense inclúen seis obras: Salve Regina, Fantasía, variaciones y final, Tantum ergo, Pequeño entretenimiento con aire de marcha, Gran Walz fantástico e Maquialó, unha peza creada coa música que Salvado recolleu dos aborixes australianos e que enviou aos seus amigos e familiares tudenses, de tal forma que na súa primeira vista a súa cidade natal, en 1853, a banda de música tudense deulle a benvida interpretando esta peza.

O concerto comezará ás 21 h con acceso libre ata completar o aforo do Teatro Municipal.

Dende o ano 2014 Andrea González ven estudando e interpretando a música para piano de Rosendo Salvado, unha figura de proxección universal como queda patente no ciclo de actividades que nos días previos a este concerto está organizando o Concello de Tui para redimensionar a figura do bispo Salvado. O traballo da pianista tudense en diversos arquivos, entre eles o Arquivo Catedralicio tudense, permite descubrir ao misioneiro tudense, que xa na súa formación en España e Italia salientou polas dúas dotes musicais e interpretativas,  como o primeiro compositor e interprete de música para piano en Australia, introducindo a virtuosidade e a tradición musical europea naquelas terras ao tempo que recollía e transcribía a música dos aborixes. Con eles fundou unha orquestra de corda e unha banda de vento, pois valoraba a excepcional disposición para a música daquela civilización aborixe.

 

Andrea González (Tui, 1987), é Vicepresidenta de Juventudes Musicales de España e directora do International Keyboard Festival & Maserclass da Eurocidade Tui-Valença. Premiada en numerosos concursos de piano nacionais e internacionais ten realizado concertos en Cuba, Australia, Reino Unido, Italia, Portugal e España, onde tamén realiza master classes, conferencias e xurados de concursos. A súa formación en xestión musical pola Academia del Teatro alla Scala de Milán e a Universidad de Westminster de Londres tivo o apoio das fundacións galegas Pedro Barrié de la Maza e Segundo Gil Dávila. Asemesmo, é Presidenta de Xuventudes Musicais Eixo Atlántico e promove numerosos proxectos culturais en Galicia que compatibilizada coa súa actividade de concertista de profesora de produción e xestión de música e artes escénicas no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Andrea Gonzalez, sinala que “quería dar a conocer un tesoro de nuestra historia y reivindicar valores importantes para nuestra sociedad…‘como la música como herramienta de transformación social” conclúe.

Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, este concerto é un acontecemento na programación cultural tudense pois posibilita que as xentes de Tui e a súa contorna coñezan e gocen da obra musical do tudense Frei Rosendo Salvado e o traballo de investigación e interpretación realizado pola música tudense Andrea González. Recuperar o legado musical de Salvado contribúe a divulgar a poliédrica e portentosa traxectoria deste tudense universal, recuperando e enriquecendo o noso patrimonio cultural coa obra musica de Rosendo Salvado, gracias ao traballo de Andrea González.

Actividades previstas no ciclo sobre Rosendo Salvado:

  • Venres, 3 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
    • Concerto – presentación do disco “Salvado - Piano Works” de Andrea González. Entrada libre até completar o aforo.
  • Sábado, 4 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
    • Proxección do documental “De Rosendo a Rosendo” (2018) dirixido por Cesar Espada.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones