Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este venres pecha o prazo de inscricións para participar no -Venres de Foliada- de Tomiño

O prazo de inscrición para participar no tradicional desfile de comparsas será do 22 ao 26 de xaneiro, ambos inclusive

O prazo de inscrición para participar no tradicional desfile de comparsas será do 22 ao 26 de xaneiro, ambos inclusive

Fecha: 25 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases para participar no seu tradicional desfile de comparsas do entroido, o ‘Venres de Foliada', que este ano se celebrará o vindeiro 9 de febreiro ás 21.30 horas. En caso de choiva o desfile trasladarase ao venres 16 de febreiro á mesma hora e, no caso de que ese día persistira o mal tempo, a Concellería de Cultura determinará se se apraza ou se cancela.

A maiores do ‘Venres de Foliada', ese fin de semana Goián tamén terá a súa propia celebración do entroido dende o sábado 10 ata o martes 13 de febreiro. Durante catro días veciños, veciñas e visitantes poderán gozar de actividades como o Desfile dos Nenos, a Carreira de Carretillas ou o seu tradicional desfile de carrozas, todo amenizado por unha ampla variedade musical para encher de color, alegría e diversión estas datas.

Inscrición

O prazo de inscrición das comparsas será do 22 ao 26 de xaneiro, ambos os dous inclusive. Os interesados deberán entregar o impreso de solicitude no Rexistro Municipal xunto cun certificado de titularidade de conta do representante ou da comparsa e co seguro de responsabilidade civil. "Cada vez hai máis xente interesada en participar nunha actividade de lecer pero que serve tamén para dinamizar a economía e a hostelería local, con máis dun millar de persoas que veñen dende moitos puntos da provincia para disfrutar do noso desfile", explica a concelleira de Cultura, Ana Cristina Martínez.

Co seu ‘Venres de Foliada', Tomiño arranca o entroido na comarca, xa que é o primeiro dos desfiles de comparsas que se celebran durante esas datas no Baixo Miño. O ano pasado participaron 20 comparsas, a metade delas con máis de 80 integrantes, e dúas treboadas que ían abrindo o desfile. En total, máis de 1.300 persoas percorreron as rúas do casco urbano, tinguindo de luz e cor a localidade. O ano pasado participaron comparsas de Vigo, Vincios, Mos, Salceda de Caselas, Nigrán e Marín, ademáis das máis importantes de Tomiño, como Ciclón, Luces de Bohemia, Estrelas da Noite, Revolucion Show e Alecrin, comparsas que coas súas carrozas e espectáculos gañan concursos por toda a provincia.

Dende o goberno municipal queren agradecer aos voluntarios de Protección Civil, á Policía Local e aos traballadores do concello a gran labor que desenvolven durante toda esa xornada para garantir a seguridade do desfile e que o público poida desfrutar do evento sen contratempos.

Requisitos

O desfile estará composto por un máximo de 20 comparsas, cada unha delas formada por un mínimo de 15 compoñentes. A participación está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, colexios... que presenten comparsa ou grupo, con preferencia ás que pertencen ao concello tomiñés.

Non se admitirán comparsas con cabalos e as carrozas deberán ter un máximo de 8 metros de longo por 4,5 de alto e 3,5 de ancho. En caso de presentarse máis de 20 comparsas unha Comisión Técnica de Avaliación puntuará as comparsas atendendo a criterios como o número de compoñentes ou a descrición da comparsa, atendendo a súa temática, orixinalidade, posta en escena, iluminación e son, valores culturais e sociais...

O número de orde das comparsas no desfile será por rigoroso orde de chegada ao lugar de saída, na rúa situada ao lado do Colexio Pedro Caselles.

Bases e solicitude Venres de Foliada 2018 no seguinte enlace:
http://tomino.gal/wp-content/uploads/2018/01/Bases-Venres-de-Foliada-2018.pdf

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones