Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este xoves 1 de xullo comeza a campaña extractiva da nécora e do lumbrigante en Galicia

A captura da nécora prolongarase ata o 5 de xaneiro do próximo ano mentres que a do lumbrigante estará autorizada ata o 31 de marzo de 2022

A captura da nécora prolongarase ata o 5 de xaneiro do próximo ano mentres que a do lumbrigante estará autorizada ata o 31 de marzo de 2022

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Junio de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A extracción da nécora e do lumbrigante ábrese este xoves 1 de xullo en toda Galicia e prolongarase ata o 5 de xaneiro de 2022 no caso da nécora e ata o 31 de marzo do próximo ano no caso do lumbrigante. Trátase dos períodos autorizados de acordo co recollido no Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023.
En canto á nécora, as medidas de xestión para a súa explotación desenvólvense na resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión desta especie e do camarón coa arte de nasa nécora e camarón. A vixencia deste plan, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), abrangue desde este xoves 1 de xullo ata o 30 de xuño de 2023.
Na resolución pola que se aproba o plan fíxanse cuestións como o número de nasas permitido segundo o tamaño da embarcación e o número de tripulantes enrolados e a bordo ou o horario de lance de nasa nécora e camarón, que será nocturno salvo algunhas excepcións nas rías de Arousa e Vigo, nas que o calamento tamén poderá ser diúrno. Estes dous horarios -nocturno e diúrno- serán excluíntes entre eles. A resolución establece tamén que as nasas para a captura de nécora e camarón deberán ser levantadas e levadas a porto diariamente unha vez cumprido o horario de traballo.
De acordo co Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023, a veda da nécora en 2022 prolongarase entre o 6 de xaneiro e o 30 de xuño mentres que no caso do lumbrigante a prohibición da súa captura estenderase do 1 de abril ao 30 de xuño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones