Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este xoves inaugúrase na Sala Municipal a exposición itinerante -Camiños do Sur-

Poderá visitarse en Tui até comezos de xullo

Poderá visitarse en Tui até comezos de xullo

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O xoves, 2 de xuño, ás 12.30 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui será inaugurada a exposición “Camiños de Sur”. A mostra está impulsada pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto europeo “Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular” que ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio natural e cultural das vías transfronterizas que recorren a provincia cara Compostela, en concreto o Camiño Portugués.

Nesa exposición poderemos contemplar imaxes e mobiliario contemporáneo que presenten as paisaxes, vilas, cidades, persoas e culturas á beira do Camiño. En concreto mostraranse percorridos e datos históricos, centrando a atención nos contrastes, nas relacións e nas similitudes entre as paisaxes. Tamén se achega información para os peregrinos sobre os núcleos de poboación que percorren, as súas xentes, tradicións e a súa gastronomía.

“Camiños do sur” difunde información a través de cubos retroiluminados e taboleiros, imaxes de gran formato e mobiliario contemporáneo, adaptado ao espazo, para "unir mundos diversos", presentar paisaxes, vilas, cidades, persoas e culturas ao lado dos camiños.

Esta mostra permanecerá en Tui ata os primeiros días do vindeiro mes de xullo.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, esta mostra é unha excelente oportunidade para achegarse a coñecer o rico patrimonio, tanto cultural coma natural, que está ligado á ruta xacobea así como as oportunidades de desenvolvemento económico e social sostible que xera o Camiño de Santiago. Esta exposición é un expoñente mais do compromiso de traballo que mantén o Concello de Tui en relación ao Camiño Portugués, que está vivindo unha excepcional reactivación no que levamos de ano 2022.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí