Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Eu Rural impulsou 9 novos proxectos no territorio coa última convocatoria da Medida Leader

As iniciativas supuxeron un investimento de 1,1 millóns de euros, dos que case 450.000? foron subvencionados a través dos fondos europeos

As iniciativas supuxeron un investimento de 1,1 millóns de euros, dos que case 450.000? foron subvencionados a través dos fondos europeos

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2023

Fuente: Eu Rural

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural segue a traballar para dar pulo ao rural e fomentar o desenvolvemento económico, social e cultural nos 13 concellos que conforman o seu territorio. Neste camiño, a través da Medida Leader, nos anos 2021 e 2022 a asociación colaborou na posta en marcha e consolidación de 9 novos proxectos que supuxeron un investimento de máis de 1,1 millóns de euros no territorio, dos que preto de 450.000 euros foron financiados a través destes fondos europeos.

Deste xeito, na anterior convocatoria puxéronse en marcha iniciativas nos concellos da Guarda, Mos, O Rosal, Tomiño e Tui centradas en diversos ámbitos e que permitiron a consolidación de 24 postos de traballo nos cinco municipios. “Cada ano a Medida Leader permítenos facer chegar os fondos europeos dun xeito directo ás empresas da nosa contorna, facilitando a construción dun rural no crece a economía, melloran os servizos e se crean oportunidades laborais para a súa veciñanza”, destaca a presidenta de Eu Rural, Sandra González.

Cunha subvención de case 290.000 euros, na anterior convocatoria da Medida Leader  puxéronse en marcha cinco proxectos que permitiron a ampliación da sala de embotellado e das oficinas de Pazo de Valdomiño, en Tomiño; a creación dun Centro de Día en Torroso, en Mos; a creación dunha nova sala de ximnasio en Goián (Tomiño); a implantación de cabanas de aloxamento turístico en Mos e a posta en marcha do proxecto Son Rural, unha iniciativa que busca desenvolver actividades lúdicas para nenos, nenas e familias no Rosal.

Por outra parte, conseguíronse case 120.000 euros para subvencionar parte de tres proxectos non produtivos, cos que se adquiriu unha furgoneta adaptada para a Agrupación Musical do Rosal, implementouse unha aula de informática no centro de rehabilitación psicosocial e laboral e vivenda protexida na Guarda e púxose en marcha unha Escola de Música Dixital en Tui. Todos estes investimentos completáronse cun proxecto non produtivo promovido polo concello da Guarda a través do que se reformou as instalacións do centro de formación e emprego Manuel B. Portela.

 

 

Nova convocatoria

A Medida Leader é una ferramenta xestionada no territorio por Eu Rural como entidade colaboradora de Agader para poner en práctica a Estratexia de Desenvolvemento Local Participatico, confinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) node Galicia 2014-2020. O programa conta cunha nova convocatoria de axudas para a anualidade 2023-2024 ao que, como cada ano, se presentaron numerosas empresas e entidades públicas e privadas dos 13 concellos co obxectivo de buscar subvencións para os seus proxectos.

Toda a información dos proxectos da Medida Leader, así como da nova convocatoria  está dispoñible na páxina web de Eu Rural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí