Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

G. Caballero denuncia a terrible e gravísima situación do SERGAS que pechou as consultas de primaria en 14 centros da área de vigo

O portavoz parlamentario do PSdeG censura os recortes da Feijóo durante 12 anos nos que descoidou ao persoal sanitario e descapitalizou a sanidade pública galega

O portavoz parlamentario do PSdeG censura os recortes da Feijóo durante 12 anos nos que descoidou ao persoal sanitario e descapitalizou a sanidade pública galega

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Enero de 2022

Fuente: PSdG-PSOE

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe a “terrible e gravísima decisión” do Sergas de pechar consultas en 14 centros de saúde da área de Vigo que afectan a oito concellos do sur de Galicia.

 

“Estamos fondamente preocupados”, sinalou o dirixente socialista, xa que isto “é unha alerta do que pode ocorrer no futuro, noutros momentos e noutros lugares de Galicia, se non cambiamos as políticas sanitarias do PP que son lesivas para a Atención Primaria e para a sanidade pública galega”.

 

Neste sentido, o voceiro parlamentario censurou a política de “recortes da Xunta do PP” que “descoidou ao persoal sanitario e descapitalizou a sanidade pública galega” e agora restrinxe o servizo nestas unidades onde o persoal médico só atenderá urxencias e cuestións vinculadas coa covid.

 

“Tras 12 anos de políticas contra a sanidade pública, o Sergas comeza o 2022 pechando as consultas do médico de cabeceira porque non hai persoal médico suficiente, o cal é unha situación gravísima que non podemos consentir”, incidiu Gonzalo Caballero.

 

A restrición da actividade, anunciada pola Dirección de Atención Primaria do Sergas, afecta aos centros de saúde de O Rosal, A Guarda, Oia, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Tomiño e aos centros de Vigo de Navia, Nicolás Peña, Beiramar, Casco Vello, Matamá e Teis.

 

“É MÁIS NECESARIO QUE NUNCA FORTALECER A SANIDADE PÚBLICA”

 

Con todo, o responsable socialista subliñou a necesidade de volver contratar aos máis de 500 profesionais de reforzo despedidos e continuar cunha “estratexia de vacunación crecente”, xa que esta “é a mellor garantía para afrontar o futuro e poder convivir co virus".

 

“Coa Atención Primaria saturada e co persoal sanitario desbordado, é máis necesario que nunca fortalecer a sanidade pública galega, polo que a Xunta debe reforzar o persoal contratado para poder ofrecer un servizo de calidade a pleno rendemento cando máis se necesita”, incidiu, xa que nos atopamos nun momento “preocupante” nunha sexta onda coa incidencia da covid “disparada”.

 

Asimesmo, Gonzalo Caballero urxiu á Xunta a “defender a sanidade pública” e abordar unha política laboral dentro do Sergas de "estabilidade e compromiso" cos profesionais sanitarios, cuestión que o Grupo Socialista xa levou o ano pasado á Comisión de Reactivación do Parlamento onde defendeu a creación de 5.000 novas prazas estables na sanidade pública e a estabilidade laboral para profesionais que levan tempo na interinidade de contratos laborais sucesivos, ás veces contratos por 1 día.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí