Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Galicia Suroeste lidera -Ruralmente-, unha iniciativa para poñer en valor os produtos con selo de calidade

O proxecto -Ruralmente-, cofinanciado polo Feader e liderado por Galicia Suroeste, busca fomentar a colaboración interterritorial para mellorar a competitividade do medio rural a través das IXP e DOP.

O proxecto -Ruralmente-, cofinanciado polo Feader e liderado por Galicia Suroeste, busca fomentar a colaboración interterritorial para mellorar a competitividade do medio rural a través das IXP e DOP.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Mayo de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

Xa está en marcha “Ruralmente”, un proxecto pioneiro liderado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Galicia Suroeste que nace co obxectivo de impulsar a innovación, o intercambio de coñecementos e a posta en valor dos produtos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP). A iniciativa, que recibiu máis de 200.000 euros de financiamento procedente do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), comezará a súa execución en xuño e terá unha duración de 15 meses.

A agrupación responsable do proxecto está composta polos GDR Galicia Suroeste —como entidade coordinadora—, AD Limia – Arnoia (Ourense) e Desarrollo Integral del Valle del Ambroz (Cáceres). O consorcio acadou a sexta mellor puntuación entre as 38 propostas presentadas, consolidando así a súa aposta polo desenvolvemento territorial sostible a través da promoción das IXP.

“Ruralmente” artéllase arredor da organización de xornadas técnicas, seminarios e visitas de campo co fin de compartir coñecementos sobre tecnoloxía, xestión e promoción de produtos amparados por selos de calidade diferenciada, como as Indicacións Xeográficas Protexidas e as Denominacións de Orixe Protexidas (DOP). Cada un dos GDR participantes centrará as accións nun produto estratéxico para o seu territorio.

Galicia Suroeste focalizará os seus esforzos na valorización do Pan do Porriño, mentres que o GDR Limia – Arnoia traballará na potenciación da Pataca de Galicia, buscando incrementar a produción e a adhesión de novas entidades produtoras. Pola súa parte, o GDR Valle del Ambroz orientará o seu traballo á promoción do Pimentón de la Vera, especialmente na súa aplicación a embutidos de porco ibérico.

A finalidade última de “Ruralmente” é fortalecer a competitividade das zonas rurais mediante o fomento da calidade, a sostibilidade e a innovación. As actividades están dirixidas a produtores, transformadores e elaboradores de alimentos que contribúen á identidade dos seus territorios. O proxecto tamén procura facilitar o arraigo no rural, incentivando que os axentes locais comercialicen directamente os seus produtos, coidando do territorio e aproveitando os recursos endóxenos.

Os obxectivos específicos do programa inclúen:

  • Poñer en valor os produtos e actividades propios de cada territorio.

  • Incentivar o mantemento da poboación no rural mediante a comercialización directa e o aproveitamento sostible dos recursos.

  • Promover a adhesión a selos de calidade por parte de empresas locais, fortalecendo a súa proxección no mercado.

“Ruralmente” enmárcase nas Intervencións supra autonómicas do Plan Nacional da Política Agraria Común 2023 – 2027, e representa un exemplo de cooperación eficaz entre territorios, unindo estratexias, capacidades e innovación para construír un rural con futuro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí