Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Galicia urxe ao goberno central unha solución ao bloqueo á comercialización das capturas de marraxo

A conselleira do Mar mantivo un encontro con distintas asociacións da frota de palangre galega

A conselleira do Mar mantivo un encontro con distintas asociacións da frota de palangre galega

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Marzo de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo esta semana un encontro con distintas asociacións da frota de palangre galega na que constataron a necesidade de urxir ao Goberno central unha solución ao bloqueo da comercialización do marraxo que vén padecendo o sector nos últimos anos e a acabar co agravio comparativo que se produce en relación con outras frotas como a portuguesa, que si poden vendelo, incluso en portos españois.

A titular de Mar explicou que a Xunta seguirá a traballar para que o Executivo do Estado poña fin á incongruencia existente na actualidade de que o sector conte cunhas posibilidades de captura da especie, pero non poida vendelas ao carecer de cota de comercialización.

A orixe do problema está na inclusión do marraxo no Apéndice II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flota Silvestres (Cites) en agosto de 2019, momento no que se fixo necesario que as capturas desta especie fosen acompañadas dun certificado que debe emitir a Secretaría de Estado de Comercio, previo informe favorable da Vicepresidencia de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, para poder ser comercializadas.

 

O paradoxo prodúcese, lembrou Rosa Quintana, porque a especie ten posibilidades de captura establecidas para este ano e, mentres o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación autoriza a súa pesca, o Ministerio para a Transición Ecolóxica non establece cotas de comercialización que permitan a súa venda. Unha situación semellante xa provocou tanto ao ano pasado como en 2019 o bloqueo das capturas de marraxo e incluso que o sector tivese que destruílas ao non poder comercializalas.

A representante do Executivo galego tamén trasladou aos representantes do sector que a frota pode reclamar ao Goberno central responsabilidade patrimonial -danos e prexuízos- por esta situación, como certifica un informe encargado pola Xunta á Universidade de Santiago de Compostela que tacha de arbitrario e contrario ao ordenamento xurídico o veto á comercialización do marraxo. Esa análise tamén incide en que non ten sentido impedir a venda do marraxo para preservar o seu estado cando as cotas de captura son fixadas polas organizacións rexionais de pesca e pola Unión Europea tendo en conta xa criterios científicos.

Nesta liña, o documento tamén recolle que non é constitucional nin legalmente admisible separar a tramitación da actividade pesqueira da comercialización das capturas, algo que pon en risco seriamente a rendibilidade da frota galega de palangre de superficie.

“Estamos ante unha situación de desesperación total e xa lle demandamos tanto á ministra -de Transición Ecolóxica- Teresa Ribera como ao ministro -de Agricultura, Pesca e Alimentación- Luis Planas que cheguen a un acordo entre os dous ministerios e adecúen as normativas que teñen á realidade do sector”, explicou a conselleira do Mar.

Agravio comparativo

Rosa Quintana incidiu na incongruencia que supón que a Unión Europea non permita os descartes e que cando a frota chega a porto non poida vender esas capturas. Unha situación á que se engade que mentres a frota española e galega non pode pescar o marraxo pola ausencia de cota de comercialización, outras frotas europeas como a portuguesa -que faenan nos mesmos caladoiros- si o fan e en moitas ocasións mesmo descargan as súas capturas en portos galegos.

A titular de Mar lamentou que este veto á comercialización do marraxo é un ataque máis do Ministerio de Transición Ecolóxica a Galicia e ao seu sector marítimo-pesqueiro. Por iso, trasladou todo o seu apoio á frota e incidiu en que a Xunta seguirá a defender os seus intereses pois ten acreditado que realiza unha explotación sustentable dos recursos e que os caladoiros nos que faena se atopan en bo estado biolóxico.

Ao encontro coa conselleira do Mar asistiron representantes da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Burela, da Organización Nacional de Palangreiros de Altura (Opnapa), de Espadeiros do Atlántico, da Asociación Empresarial Espadeiros Guardeses, da Organización de Espadeiros Guardeses (Orpagu) e da Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín (Opromar).  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí