Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Gañadores do I Concurso de Haikus do Concello do Rosal

Os primeiros premios foron obsequiados con un ebook e os accésit con tres lotes de papelería.

Os primeiros premios foron obsequiados con un ebook e os accésit con tres lotes de papelería.

Fecha: 29 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal ven de celebrar o I Concurso de Haikus con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero.

Dous eran as categorías que optaban a premio, a modalidade de persoa adulta e a modalidade de alumnado, pero debido á cantidade de obras presentadas entre a xente máis nova do Rosal, o Concello quere valorar e recoñecer este esforzo polo que concede 3 premios accésit.

Os primeiros premios foron obsequiados con un ebook e os accésit con tres lotes de papelería.

Mª Carmen Alonso Alonso, concelleira de Servizos Sociais e Muller fixo entrega dos premios e diplomas ás persoas gañadoras.

1º PREMIO PERSOA ADULTA:
Paula Estévez Franco (tamén coñecida como Paula Esfra), rosaleira de 22 anos gañadora do 1º premio de haikus do Concello do Rosal na modalidade de persoas adultas.


Graduase neste ano 2017 en Belas Artes na Universidade de Vigo e está especializada en pintura, ilustración e deseño gráfico.


Na gran parte dos seus traballos amosa un especial interese pola muller, o seu papel na sociedade e a súa identidade así como a integración do ser humano e a natureza. Estas son as temáticas nas que se inspira para realizar as ilustracións presentadas ao concurso de "Haikus" contra a violencia de xénero do Concello do Rosal.

1º PREMIO ALUMNADO:
Celia Areal dos Santos, de 12 anos e natural de Tabagón no Rosal, estuda no CPI Suárez Marquier do Rosal 2º da ESO e é a gañadora do 1º premio de haikus do Concello do Rosal na modalidade de alumnado.


Celia ten unha especial sensibilidade polos temas de igualdade e dereitos da muller, dos que ainda sendo moi nova, mostra moitas inquedanzas.


Na súa obra valorouse en especial a súa arte e capacidade expresiva tanto no poema como nas imaxes que acompañan ao texto.

PREMIO ACCÉSIT:
Martín Sobrino Rodríguez de A Cunchada aos seus 8 anos xa amosa interese pola literatura e pola arte, e así o demostra na súa obra de haikus que resultou gañadora cun dos premios accésit.

Claudia Santos Lorenzo de Eiras de 8 anos, é a gañadora dun dos tres premios accésit. Na súa obra destaca a capacidade expresiva, o colorido e o texto.

Alba Álvarez Casaleiro de Martín, resultou gañadora de outro dos premios accésit no concurso de haikus, valorando en especial a parte plástica o colorido e a expresividade.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones