Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Incremento dos controis nas Pontes Internacionais con Portugal

A subdelegada do Goberno mantivo hoxe unha videoconferencia cos alcaldes de Arbo e Tui e ás alcaldesas de Tomiño e Salvaterra que solicitaran máis presenza policial nas fronteiras con Portugal.

A subdelegada do Goberno mantivo hoxe unha videoconferencia cos alcaldes de Arbo e Tui e ás alcaldesas de Tomiño e Salvaterra que solicitaran máis presenza policial nas fronteiras con Portugal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Enero de 2021

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo hoxe unha videoconferencia cos alcaldes de Arbo e Tui e as alcaldesas de Salvaterra e Tomiño que solicitaran un incremento dos controis nas pontes internacionais con Portugal. A subdelegada estivo acompañada polo coronel xefe da comandancia da Garda Civil, Simón  Venzal.

Neste encontro telemático a subdelegada ofreceu aos alcaldes e alcaldesas a información sobre o volume de controis que  “foron intensos” e desenvolveron nas cinco pontes internacionais do Miño unha vez que a autoridade competente delegada decretou o peche perimetral da comunidade autónoma galega o pasado día 23 de decembro.

Nestes corenta días fixéronse 637 dispositivos de control, vixiando a 5.433 persoas e 4.319 vehículos, abrindo 88 expedintes de sanción. “Para esta subdelegación foi prioritario o control dos peches perimetrais pero hai que lembrar que ata hoxe as fronteiras non están pechadas”, subliñou Maica Larriba.

Os alcaldes e alcaldesas agradeceron á subdelegada a prontitude da resposta a súa demanda e incidiron na sensación e no medo da poboación das súas localidades ao ver a cidadáns de Portugal facendo compras ou repostando combustible nas súas vilas dado a expansión da pandemia no Norte luso. A subdelegada recordou que aos cidadáns lusos, ate de agora, aplicábase a mesa normativa que aos galegos co cal podían achegarse a traballar ou facer compras de primeira necesidade pola proximidade.

Por outra banda, os representantes municipais mostraron a súa inquedanza polo anuncio de Portugal de pechar as súas fronteiras para os seus cidadáns  a partir do domingo e o efecto que terá sobre as pontes internacionais do Miño.

Ante isto, Maica Larriba subliñou que “como saben o Tratado de Schengen establece a liberdade de movementos para persoas e bens en todo o territorio da Unión Europea. Isto supón que para reintroducir o control de fronteiras débese realizar unha negociación entre ambos países. Nese momento é no que nos atopamos ultimando os detalles como  son os pasos fronteirizos afectados ou  as excepcionalidades entre outros”. 

A subdelegada comprometeuse cos alcaldes e alcaldesas a mantelos informados sobre a evolución e as noticias sobre o que aconteza nesta negociación entre ambos países.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí