Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

José Miñones certifica o compromiso da Garda Civil coa seguridade dos peregrinos neste Xacobeo no que renova a súa condición de -Gardián do Camiño-

A seguridade, a promoción turística e a recuperación de patrimonio son as tres vertentes do apoio do Executivo ao Xacobeo

A seguridade, a promoción turística e a recuperación de patrimonio son as tres vertentes do apoio do Executivo ao Xacobeo

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2021

Fuente: Delegación do Goberno en Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, certificou hoxe o compromiso da Garda Civil coa seguridade dos peregrinos que percorren as diferentes rutas a Santiago durante este Xacobeo, no que renovará a súa condición de “Gardián do Camiño”, que ostenta nos últimos anos. Pronunciouse así durante a presentacións das Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino (OMAP) da Garda Civil que comezan a funcionar hoxe en Galicia nas diferentes rutas a Compostela.

Acompañado polo alcalde de Caldas de Reis, José Manuel Rey; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e o xefe accidental da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, tenente coronel Manuel Touceda; José Miñones apuntou que a promoción turística, a recuperación do patrimonio e a seguridade son as tres vertentes sobre as que o Goberno desprega o seu apoio á celebración do Xacobeo.

Tres aspectos para un mesmo obxectivo, que é o de facer do Xacobeo un alicerce da recuperación de España e de Galicia e garantir que aqueles que decidan percorrer o Camiño o fagan en condicións de seguridade. Respecto aos dous primeiros aspectos, “vimos de presentar o Plan Nacional Turístico Xacobeo co obxectivo de impulsalo como produto cultural e patrimonial cun investimento que supera os 121 millóns de euros”, apuntou José Miñones.

No que respecta á seguridade, a Garda Civil é competente na protección dos Camiños e dos seus usuarios. Neste ano, no que se prevé unha recuperación dos visitantes respecto ao pasado, a Garda Civil redobra esforzos para atender este servizo: ata 1.500 axentes en Galicia de diferentes especialidades e coa incorporación, como novidade, de tres Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino (OMAP) e outra fóra da Comunidade.

Tras remarcar estas cifras, o delegado dirixiuse a quen prevea percorrer o Camiño nos próximos meses e lembrou que “o Camiño é seguro porque nel está a Garda Civil”. E lembrou que no ano 2020, a pesares da pandemia e das restricións, “a Garda Civil efectuou 26.800 intervencións no Camiño de Santiago, 19 auxilios e 27 rescates de montaña”.

Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino

As OMAP son equipos formados por tres axentes, itinerantes e con horario flexible, co obxectivo de estar máis próximos ao peregrino. “Con elas queremos dar resposta de forma máis áxil e eficiente a calquera necesidade de seguridade ou información que poidan ter os peregrinos no seu camiño a Compostela”, explicou José Miñones.

En Galicia estarán operativas dende hoxe tres destas oficinas, unha en cada provincia da Coruña, Lugo e Pontevedra. Os axentes poderán tramitar denuncias, proporcionar información e asesoramento policial ao longo das diferentes rutas, con especial atención a puntos estratéxicos onde haxa máis concentración de peregrinos.

O delegado do Goberno puido falar cos membros do equipo da Comandancia de Pontevedra no Camiño Portugués ao seu paso polo Concello de Caldas de Reis. Esta unidade prestará servizo aos preto de 100.000 peregrinos que se prevé percorran esta ruta nos próximos meses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí