Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

José Miñones reitera a máxima colaboración das Forzas e Corpos de Seguridade para intensificar os dispositivos de control sanitario

Apela á responsabilidade da cidadanía de Galicia para non retroceder na actual situación sanitaria

Apela á responsabilidade da cidadanía de Galicia para non retroceder na actual situación sanitaria

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Julio de 2021

Fuente: Delegación do Goberno en Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou hoxe  máxima colaboración coas autoridades sanitarias para a protección da saúde pública ante o repunte de casos de COVID especialmente no tramo de persoas menores de 30 anos. Así llo trasladou ao vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; e ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; nunha reunión telemática celebrada para avaliar a actual situación sanitaria e a súa incidencia no ámbito galego, coincidindo coa reapertura do ocio nocturno.

José Miñones, que estivo acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña; María Rivas López; apelou á responsabilidade individual da cidadanía galega para non retroceder na situación actual en Galicia. De maneira especial incidiu na necesidade de que o grupo de menores de 30 anos sexa especialmente estricto no cumprimento das medidas sanitarias que permitan garantir unha mellor e maior protección, coma son o mantemento das distancias e o uso das máscaras, ademáis de tratar de evitar as concentracións numerosas de xente.

Neste sentido, indicou que tanto a Policía Nacional como a Garda Civil intensificarán a súa acción e a súa coordinación coas policías locais e Policía Adscrita para controlar e tratar de evitar a celebración de reunións numerosas na vía pública. Na reunión telemática tamén estiveron presentes os máximos responsables das Forzas e Corpos de Seguridade en Galicia.

O delegado do Goberno reclamou que a sociedade, especialmente a xente máis nova, ten que ser consciente de que a enfermidade non está vencida, tal coma reflexa o repunte de casos. Neste contexto apelou a cidadanía e tamén aos alcaldes e alcaldesas para manter e incrementar o traballo conxunto coas policías locais e para transmitir unha mensaxe de prudencia e contención na celebración de actos lúdicos e festivos nos diferentes pobos e cidades galegas.

A súa mensaxe estivo especialmente orientada a mocidade, xa que son os menores de 30 anos actualmente o grupo máis exposto ao contaxio da COVID ao non comezar o proceso de vacinación nesta tramo de idade.

Ademais do comportamento cidadán, o delegado explicou que tanto a Policía Nacional como a Garda Civil e as policías locais seguirán desenvolvendo tarefas de vixiancia e de sensibilización dacordo coas medidas sanitarias vixentes. En concreto, a prioridade será a de vixiancia das zonas con maior incidencia da COVID-19 e prestarase unha especial atención aos colectivos con menor taxa de vacinación e aos concellos cun índice de poboación nova máis alto, como as áreas metropolitanas das cidades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí