Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

José Miñones reivindica en FITUR os 145M euros que o Goberno de Pedro Sánchez inviste na consolidación de Galicia como destino cultural e patrimonial e na modernización do sector

O delegado do Goberno apoia hoxe e mañá a presentación de iniciativas turísticas galegas no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR

O delegado do Goberno apoia hoxe e mañá a presentación de iniciativas turísticas galegas no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Enero de 2023

Fuente: Delegación do Goberno en Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou hoxe en FITUR os 145 millóns de euros que o Goberno de Pedro Sánchez está a investir para a modernización do sector turístico galego e a consolidación de Galicia como un destino turístico sostible, dixital e verde que repousa no seu patrimonio e na cultura.

 

José Miñones desprazouse ata a Feira Internacional de Turismo onde apoiará nas xornadas de hoxe a mañá a presentación de distintas accións e iniciativas turísticas impulsadas por administracións galegas e que contan coa financiación do Goberno de España. Durante a mañá estivo nas presentacións das ofertas turísticas das cidades de Santiago e A Coruña e tamén acudirá á presentación do Plan de Sostibilidade Turística do Baixo Miño. Tamén asistirá ás presentacións de iniciativas de deputacións e doutros concellos e comarcas como a Costa da Morte.

Estas accións forman parte das políticas de sostibilidade turística, que puxo en marcha o actual Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en 2020 e que se concretaron en cinco convocatorias (dúas extraordinarias e tres ordinarias). O delegado subliñou a relevancia deste programa, unha iniciativa da ministra Reyes Maroto, en Galicia, onde o Goberno apoia 34 plans de sostibilidade impulsados por concellos e deputacións con 85,7 millóns de euros. Entre estes plans, atópanse destinos tan relevantes como a Ribeira Sacra, Turismo termal en Ourense, a cidade de Santiago, ou distintas accións dentro dos Camiños de Santiago ao paso pola comunidade.

 

Patrimonio cultural de uso turístico

 

A segunda liña de investimentos do Ministerio de Industria céntrase na recuperación do patrimonio histórico e cultural para o seu uso turístico, unhas actuacións que se realizarán con criterios de accesibilidade, eficiencia enerxética e sostibilidade. Neste ámbito, o Goberno está a investir en Galicia 49,26 millóns de euros para a restauración de Bens de Interese Cultural de forma que se incorporen con garantías ás ofertas culturais de comarcas e concellos galegos.

 

Desta cantidade, 22,7 millóns destínanse ao patrimonio vinculado ao Camiño de Santiago con actuacións tan relevantes como a que se está a desenvolver no Parque do Pasatempo, en Betanzos, ou no complexo monumental da vila de Monterrei. A eles únese o investimento programado de 3 millóns de euros no Pazo de Raxoi, en Santiago, dentro da liña para cidades Patrimonio da Humanidade.

 

Os restantes 23,5 millóns de euros, ata completar o total, destinaranse a restaurar BICs vinculados aos Paradores de Turismo en Galicia. O Goberno afrontará sete proxectos para mellorar patrimonio en sete paradores das catro provincias galegas.

 

Modernización de establecementos turísticos

 

Xunto ao patrimonio e a accións sobre os destinos, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio apoia a modernización dos establecementos turísticos de Galicia, para facelos máis eficientes enerxeticamente. Este apoio concrétase a través da Xunta de Galicia, a quen o Goberno transferiu 8,7 millóns de euros para financiar unha orde de axudas específica para estas empresas. O delegado subliñou que esta convocatoria xa está aberta e a través dela o Ministerio prevé chegar a 121 establecementos turísticos de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí