Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

José Miñones subliña o pulo extraordinario do Goberno de Pedro Sánchez á modernización de 34 destinos turísticos de Galicia con 86 millóns de euros para a súa transformación

Dende o ano 2020, o Ministerio de Industria aprobou tres convocatorias ordinarias e dúas extraordinarias para apoiar actuacións de sostibilidade turística, nas que se atopan as 34 galegas

? Dende o ano 2020, o Ministerio de Industria aprobou tres convocatorias ordinarias e dúas extraordinarias para apoiar actuacións de sostibilidade turística, nas que se atopan as 34 galegas

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Diciembre de 2022

Fuente: Delegación do Goberno en Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe o pulo extraordinario do Goberno de Pedro Sánchez á modernización dos destinos turísticos de Galicia con investimentos que suman 85,7 millóns de euros en 34 proxectos de sostibilidade turística que impactan na totalidade do territorio galego:  “É o Goberno de Pedro Sánchez o que impulsou na crise da COVID a figura dos Plans de Sostibilidade Turística e é este Goberno o que, coa colaboración do resto de administracións, co liderado da ministra Reyes Maroto, e coa oportunidade histórica dos fondos Next Generation, está a promovela por todo o territorio”.

 

José Miñones mantivo esta mañá en Santiago unha reunión con responsables das administracións implicadas nestes investimentos, para avaliar o seu impacto no territorio e no sector. O delegado detallou que, dende ano 2020, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio resolveu tres convocatorias ordinarias e dúas extraordinarias para financiar a execución destes plans de modernización de destinos turísticos.

As convocatorias ordinarias teñen carácter anual e nas tres edicións xa celebradas aprobáronse cinco plans de sostibilidade turística en Galicia aos que o Goberno aporta 5,2 millóns de euros. A estas convocatorias ordinarias súmanse dúas con carácter extraordinario (2021 e 2022) e que son financiadas co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

A convocatoria extraordinaria de 2021 tiña como eixe temático o Xacobeo e con ela estánse a financiar 13 accións de sostibilidade turística en Galicia con 46 millóns de euros de investimento estatal.

Este ano 2022, a convocatoria extraordinaria resolveuse o pasado 14 de decembro. En Galicia, esta resolución suma 16 accións máis ao listado anterior, cunha achega do Goberno de 34,5 millóns de euros. A suma do total de aportacións do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo dá como resultado 85,7 millóns de euros de fondos estatais en 34 destinos “para crear en Galicia un novo modelo turístico baseado en criterios de sostibilidade e de calidade ao máximo nivel internacional”, sinalou o delegado.

No encontro de hoxe participaron o presidente da FEGAMP, Alberto Varela; o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e a deputada provincial de Pontevedra, Ana Iglesias; o presidente do Clúster do Turismo de Galicia, Cesáreo González, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González. Xunto a eles e ela, tamén participaron máis de 30 alcaldes, alcaldesas e responsables municipais e das mancomunidade e asociacións beneficiadas nesta última convocatoria. 

 

Neste foro, o delegado do Goberno reiterou o papel das entidades locais de Galicia neste ámbito, xa son as encargadas de deseñar e de executar a maior parte das actuacións que financia o Goberno e que “dinamizarán cidades, vilas e aldeas de toda Galicia”.

 

 

 

 

Detalle da convocatoria extraordinaria de 2022

 

O BOE de hoxe publica a resolución do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino 2022, que forma parte do Plan de Recuperación do Goberno. Nesta convocatoria, Galicia recibirá 34.575.400 euros para o desenvolvemento de 16 accións que benefician a preto de 100 concellos de Galicia. Este ano o ítem que conecta os proxectos é o turismo enograstronómico, que releva ao Xacobeo como tema prioritario da convocatoria extraordinario. Así, os plans aprobados contemplan unha ou varias accións vinculadas a esta temática. José Miñones remarcou que os plans están unidos ademais polos investimentos en accesibilidade e a mobilidade sostible, a dixitalización, a eficiencia enerxética e a innovación.

 

A execución corresponde, nos Plans de Sostibilidade, ás entidades locais promotoras de cada iniciativa, e nas Actuacións de Cohesión Territorial, á Xunta de Galicia. O Goberno transfire o orzamento íntegro ao Goberno Autonómico e esta administración é a que, posteriormente, inviste nos seus proxectos e fai chegar as cantidades adxudicadas a concellos, mancomunidades, agrupacións ou deputacións provinciais para desenvolver os seus propios.

 

O listado dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) aprobados para Galicia nesta convocatoria é:

 

- PSTD “Terras de Santiago”. Promovido polo GDR Terras de Compostela. 1.300.000 euros.  Enmarcado no Plan Nacional de Turismo Enogastronómico, este plan pretende a mellora da cota de mercado turístico desta zona mediante o desenvolvemento dun produto de turismo enogastronómico cun forte compoñente experiencial ligado ás actividades e á paisaxe agroalimentaria e que mobilice ao territorio cara a modelos de xestión sostibles e competitivos.

- PSTD “Os fogóns do Anllóns”. Promovido pola Deputación da Coruña. 1.500.000 euros. Ten como obxectivo principal a recuperación da ribeira do río Anllóns para mellorar as condicións turísticas da zona. Prevese a creación de miradoiros, aparcamentos disuasorios, ademais de actuacións de restauración paisaxística.

- PSTD “Barbanza Arousa, viaxe a través da historia dos sabores”. Promovido pola Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte. 1.500.000 euros. Este plan céntrase en intervencións nos museos da Salgadura e da Conserva, ademais de incluír a rehabilitación sostible do Liceo Marítimo Rianxeiro.

- PSTD “Vía verde Compostela-Tambre-Lengüelle”. Promovido pola Deputación da Coruña. 1.375.400 euros. Enmarcado no Plan Nacional de Turismo Enogastronómico, o plan busca impulsar o destino turístico da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle como unha alternativa de turismo sostible baseada no desenvolvemento dun produto turístico singular a partir da gastronomía e o resto de recursos materiais e inmateriais do territorio vinculados a ela (patrimonio histórico, paisaxístico, cultural...)

- PSTD “Et edendo lupus: un percorrido histórico pola enogastronomía”.  Concello de Lugo. 2.000.000 euros. Con este proxecto búscase a recuperación na ribeira do Miño do edificio da Fábrica da Luz para a creación do centro de enogastronomía.

- PSTD “Ribeiro-O Carballiño”. Promovido pola Mancomunidade Ribeiro-O Carballiño. 1.500.000 euros. Este plan ten como principal obxectivo a restauración paisaxística para a eliminación de puntos degradados en lugares de interese turístico, con intervencións de xestión ambiental en zonas con risco de inundacións. Tamén inclúe medidas para a mellora da promoción turística deste destino.

- PSTD “Valdeorras, roteiro do viño milenaria”. Promovido polos concellos da Comarca. 1.500.000 euros. Preténdese a mellora da xestión de uso público dos espazos naturais, coa creación dun novo equipamento que permitirá un aproveitamento turístico sostible e a posta en valor do patrimonio natural e cultural da comarca. Intervirase en Covas de Valdeorras, Pena Trevinca e na mobilidade entre os principais municipios da comarca.

- PSTD “O Carballiño e a gastronomía do polbo”. Concello do Carballiño. 1.000.000 euros. O plan céntrase na rexeneración natural dos parques da contorna fluvial e integración co núcleo urbano, así como na rehabilitación dalgunha infraestrutura, e mellora de sinalización e iluminación. Todo iso pensando nunha mellora da oferta turística relacionada coa gastronomía do polbo.

- PSTD “Condado Paradanta, destino enogastronómico”. Promovido pola Deputación de Pontevedra. 1.500.000 euros. Este proxecto combina intervencións relacionadas coa recuperación de espazos degradados por incendios e especies invasoras, con outras centradas no impulso deste destino enogastronómico, tanto de promoción como de posta en marcha de iniciativas específicas (roteiros, museo do viño, food truck), co fin da mellora das oportunidades do destino turístico.

- PSTD “A Guarda”. Concello da Guarda. 1.000.000 euros. O plan inclúe actuacións relacionadas coa mellora da xestión do uso público do espazo natural do Monte de Santa Tegra implantando medidas que regulen o acceso nun espazo da alta presión en número de visitantes (fomento da mobilidade sostible), así como de protección e rexeneración do ecosistema dunar da praia do Muíño.

- PSTD “Vigo”. Concello de Vigo. 2.000.000 euros. O plan céntrase na rehabilitación sostible dun Centro Multifuncional de Turismo Gastronómico como foco de actividade social e pública.

- PSTD “O Grove. A Gastromeca”. Concello do Grove. 2.000.000 euros. Preténdese actuar no Museo da Salgadura e na mellora da promoción da feira do marisco, así como na restauración e protección da contorna natural (praias, carreiros, áreas de descanso…)

- PSTD “Despensa de Galicia”. Promovido polo xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. 1.500.000 euros. O plan inclúe actuacións relacionadas coas festas gastronómicas de interese turístico neste xeodestino, así como coa xestión eficiente do resto de recursos turísticos (miradoiros, roteiros en bicicleta ou o turismo astronómico).

As estes plans engádense 3 actuacións de cohesión entre destinos (ACD) que executará a Xunta de Galicia en distintas localizacións da comunidade.

- ACD “Aloxamentos con encanto en destinos enogastronómicos de Galicia”. 5.500.000 euros. Céntrase na adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos e adega a través de actuacións de protección de recursos turísticos e adaptación ao cambio climático, tanto da tempada turística como dos equipamentos e infraestruturas destes establecementos.

 

- ACD “Galicia Gastro Experience”. 3.550.000 euros. Xira en torno a creación e adaptación de espazos para laboratorios gastronómicos, formación en adaptación e diminución do cambio climático e organización de xornadas de promoción e formación.

-ACD “Unha viaxe sostible entre viñedos: descobre os 5 roteiros do viño de Galicia en vehículo eléctrico”. 5.850.000 euros. A actuación xira ao redor dos cinco roteiros do viño de Galicia en vehículo eléctrico, e poñerá en marcha accións relacionadas coa dotación de equipamentos e estacións de reparación para bicicletas e patíns eléctricos e puntos de recarga. Fomentará a mobilidade sostible coa restauración paisaxística das áreas onde se cren os puntos de recarga.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí