Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Larriba destaca o alto grao de cumprimento das novas medidas sanitarias no primeiro fin de semana de aplicación

Na última semana, as Forzas e Corpos de Seguridade realizaron máis de 900 controis na provincia para vixiar o cumplimento das restriccións

Na última semana, as Forzas e Corpos de Seguridade realizaron máis de 900 controis na provincia para vixiar o cumplimento das restriccións

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Febrero de 2021

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe unha nova reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. Ao encontro asistiron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Carlos Valcárcel, a comisaria provincial do Corpo Nacional de Policía en Pontevedra, Estíbaliz Palma, o inspector xefe da Policía Autonómica, Diego González, a inspectora xefa UPA-Vigo, Sheila González e o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro.


Durante a reunión, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante a última semana para vixiar o cumprimento das últimas medidas aprobadas pola Xunta de Galicia. En total, do 26 ao 31 de xaneiro, a Garda Civil e a Policía Nacional levaron a cabo 907 dispositivos de control e vixilancia sanitaria, nos que participaron 1.526 axentes, se identificaron a 18.492, se controlaron 13.962 vehículos e se elevaron 300 propostas de sanción.


No que respecta a Garda Civil, este corpo realizou durante a última semana 720 controis nos que participaron 944 efectivos. En total, 15.215 persoas foron identificadas e 11.706 vehículos controlados. Estes controis se saldaron con 108 propostas de sanción.

Pola súa banda, a Policía Nacional levou a cabo 187 controis na provincia que contaron coa participación de 582 axentes. Nestes dispositivos foron identificadas un total de 3.277 persoas e 2.256 vehículos, e se elevaron 192 propostas de sanción.


Así mesmo, a Policía Autonómica efectuou 49 controis nos que identificou a 195 persoas, controlou 59 vehículos e interpuxo 17 propostas de sanción. En total, 59 axentes deste corpo participaron nos dispositivos.


As autoridades explicaron que estes operativos fixeron énfase no control dos peches perimetrais municipais, o peche da hostalaría e as limitacións para o comercio non esencial e destacaron a baixa afluencia de xente nos centros comerciais e o escaso tránsito nas estradas da provincia, sobre todo durante a fin de semana.


Neste sentido, Larriba quixo subliñar “o comportamento exemplar dos veciños e veciñas de Pontevedra amosado durante a primeira fin de semana de aplicación das novas medidas sanitarias aprobadas pola Xunta de Galicia”. Por último, a subdelegada solicitou á cidadanía “continuar cumprindo con todas as restricións e coas indicacións facilitadas polas Forzas e Corpos de Seguridade, xa que o compromiso e a responsabilidade individuais son vitais na loita contra a COVID-19”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí