Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Literatura, pintura, comedia e un roteiro propostas esta semana na programación do 8M

O Concello de Tui continúa coa programación conmemorativa do 8M, o Día Internacional das Mulleres. Esta semana son catro as actividades que centran este programa.

O Concello de Tui continúa coa programación conmemorativa do 8M, o Día Internacional das Mulleres. Esta semana son catro as actividades que centran este programa.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Marzo de 2023

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui continúa coa programación conmemorativa do 8M, o Día Internacional das Mulleres. Esta semana son catro as actividades que centran este programa.

Na tarde do luns, ás 16.30 h, a cita será no Teatro Municipal de Tui co encontro previsto entorno ao libro “As malas mulleres”, coa propia escritora, Marilar Aleixandre, narradora, poeta e tradutora, e Premio Nacional de Narrativa 2022. Asistirá o alumnado de Bacharelato dos dous institutos tudenses nunha actividade aberta tamén á cidadanía en xeral.

Na programación desta semana realizarase tamén unha homenaxe ás “Mulleres Pintoras” . Será mañá martes, 14 de marzo, ás 18.00 h no Paseo da Corredoira. Consistirá na posta en escena da peza artística “Subterránea” de Mónica Sueiro. Trátase dunha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas que foron silenciadas ao longo da historia. É unha metáfora das mulleres que collen forzas para reafirmarse, que non renuncian a si mesmas e pelexan por saír á luz.

A continuación, na Oficina de Turismo inaugurarase a exposición pictórica da Asociación de pintura Tyde na que Alicia Martínez, Alicia Rodríguez, Conchi González, Emilia González, Isa de Haro, Fina Saa, Loli González, Mª del Carmen Baquero, María Fernández, María Garrido, María José Rodríguez, Pilar Pereira, Teresa Ruano, e Susi Eguia presentarán obras de Berthe Morisot, Frida Kahlo, María Victoria de la Fuente, Margaret Keane, Maruja Mallo, Menchu Lamas, Pilar Moutaner, Shamsia Hassani, Tamara Lenpika,Tarlisa do Amaral,  Vanessa Lodeiro, e Yayoi Kusama.

Este xoves, 16 de marzo, a cita será co humor e a comedia. Da man da Deputación de Pontevedra, o Teatro Municipal de Tui acollerá o espectáculo “Cómicas, habelas hainas!”, a cargo de Marta Doviro, Jazmín Abuín e Arantxa Treus, coa presentación de Bárbara Grandío. Será ás 20.30 h con entrada gratuíta até completar aforo.

Xa o domingo, día 19, celebrarase o roteiro “Camiñando con elas”, que tivo que ser adiado por mor da previsión de choiva da pasada fin de semana. Será un percorrido dunha hora polo conxunto histórico que partirá ás 11.00 h dende a rúa Rosa Bahamonde. Coñecerase a historia e a vida de dez mulleres tudenses: Antonia Saravia, Cándida Rodríguez, Clara Torres, Conchiña Concheiro, Evagelina Jaso, Josefa Correa, Mª Suárez Sarmiento, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, e Rosa Bahamonde. Para participar é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí