Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Luis López anuncia que a comisión territorial da Xunta en Pontevedra celebrarase de xeito itinerante polos 47 concellos da área

O delegado territorial pretende descentralizar estas reunións de coordinación, de periodicidade mensual, por todo o territorio cando a situación sanitaria permita a súa celebración segura

O delegado territorial pretende descentralizar estas reunións de coordinación, de periodicidade mensual, por todo o territorio cando a situación sanitaria permita a súa celebración segura

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Mayo de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciou esta mañá, durante a celebración da Comisión Territorial de Coordinación, que pretende celebrar as reunións deste órgano -o de maior representatividade da delegación do Goberno galego na área territorial- de xeito itinerante polos 47 concellos que a conforman “para achegar aínda máis o labor da Xunta aos cidadáns”.

Deste xeito, preténdense descentralizar estas xuntanzas de coordinación, nas que participan as once xefaturas territoriais e que teñen unha periodicidade mensual, por todo o territorio, aínda que o representante autonómico advertiu que haberá que agardar algunhas semanas ata que avance a inmunización fronte a covid-19 e a situación sanitaria permita a súa celebración segura sen ningún tipo de risco.

“A Xunta traballa e preócupase todos os días polas galegas e galegos e polas súas necesidades e céntrase en atender todas as situacións e mellorar a súa calidade de vida, polo que queremos estar aínda máis preto deles e dos concellos para escoitalos e que sintan de cerca o apoio e o compromiso do seu goberno”, explicou o representante autonómico, que tamén cre “fundamental” achegar o máximo posible a acción do executivo galego aos cidadáns.

Neste senso, cómpre lembrar que a área territorial de Pontevedra conta con 47 municipios distribuidos por nove comarcas: Pontevedra, Caldas, O Salnés, O Morrazo, Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, e a intención da delegación céntrase en celebrar alomenos unha xuntanza en cada unha destas bisbarras ao longo da presente lexislatura autonómica.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí