Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Luis López destaca a condición municipalista do Partido Popular, -somos o partido da xente-

Reuniuse con afiliados do Baixo Miño, dentro da campaña interna cara o congreso do PP provincial

Reuniuse con afiliados do Baixo Miño, dentro da campaña interna cara o congreso do PP provincial

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Junio de 2022

Fuente: PP Pontevedra

O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, reuniuse onte con alcaldes, voceiros e afiliados dos concellos do Baixo Miño, dentro da campaña electoral interna cara o congreso provincial que se celebra o sábado 9 de xullo en Vigo. Durante a súa intervención, López destacou que “non  hai partido máis local que o Partido Popular. “Somos o partido da xente”, subliñou, e recordou que na provincia, o PP ten edís nos 61 concellos e deputados provinciais en todos os partidos xudiciais. “Isto é estar coas persoas, escoitalos, atender as súas inquedanzas e defender os seus intereses. O noso partido ofrece alternativas en todos os concellos da provincia”.

 

López marcou tres obxectivos para a súa etapa ao fronte dos populares na provincia: reforzar o partido nos 61 concellos coa mirada postas nas municipais do ano próximo, nos que pretenden mellorar resultados e afianzar alcaldías; contribuír desde a provincia ao cambio necesario en España con Alberto Núñez Feijóo; e revalidar a quinta maioría absoluta en Galicia con Alfonso Rueda. Para conseguilo, prometeu “traballo, unidade sen fisuras, disposición absoluta e apoio ás xuntas locais”. Apuntou que “o reto é seguir mantendo a unidade dun partido forte, que garante estabilidade onde goberna e no que confiar para xestionar os momentos complicados e nas peores situacións. Un partido serio, estable, moderado e responsable”.

 

Por último, agradeceu o “grande apoio” que recibiu dos afiliados da provincia, que lle permitiu entregar 2.363 sinaturas para formalizar a súa candidatura a presidente provincial. “Un éxito colectivo, un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”, concluíu.

 

En canto ao equipo, adiantou que o que se constituíu no anterior congreso foi un acerto, e o asume como propio, xa que era o secretario xeral, e por iso vai ser continuísta. “Son persoas municipalistas, cunha bagaxe política moi importante. Esas mulleres e homes son o máis útil que hai a nivel de partido para intentar conseguir estes obxectivos”. Con todo, sinalou que haberá algunha incorporación ao equipo que se anunciará nas vésperas do cónclave.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí