Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Luis López traslada á Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados o apoio absoluto da Xunta ao comercio de proximidade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantén un encontro de traballo co secretario xeral da entidade, Enrique Núñez, para abordar as perspectivas e as necesidades do sector para o presente ano

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantén un encontro de traballo co secretario xeral da entidade, Enrique Núñez, para abordar as perspectivas e as necesidades do sector para o presente ano

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Enero de 2022

Fuente: Del. Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, mantivo este mediodía unha reunión de traballo con Enrique Núñez, secretario xeral da Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados, e trasladoulle o “apoio absoluto” do Goberno galego ao comercio de proximidade “fronte aos importantes retos que debe afrontar no presente ano 2022”.

O representante autonómico celebrou esta xuntanza para abordar as perspectivas e as necesidades do sector “tendo en conta a súa situación e actuando de xeito transversal e complementario coas prazas de abastos, como ramo fundamental do comercio, e aproveitando o tirón do turismo, especialmente neste segundo ano Xacobeo”.

“Creo que a federación provincial está a facer un gran traballo agora que está a piques de cumprir o segundo ano desta nova etapa e dende a Xunta queremos que siga nesa liña ascendente, polo que lle trasladei a Enrique Núñez a colaboración e cooperación necesaria para seguir impulsando un sector que é importantísimo para a economía e o emprego, pero tamén para a dinamización e a vida das cidades, dos barrios, das vilas e de moitas zonas rurais”, explicou Luis López.

O delegado territorial lembrou que a Xunta activa de xeito constante “numerosas liñas de apoio ao comercio de proximidade, como o recente e exitoso Bono Comercio, ou as ordes de axudas á modernización que teñen beneficiado a centos de establecementos da nosa provincia”.

Pola súa banda, Enrique Núñez aproveitou este contacto de presentación para informarlle das principais iniciativas que está a desenvolver a federación, como a campaña de revisión de tarifas eléctricas para os comercios a través do enderezo electrónico revisamifactura@comerciogallego.es, a tarxeta de fidelización, os servizos de asesoramento xurídico, fiscal, contable e laboral e as campañas promocionais.

Neste eido, comunicoulle ao delegado territorial que a federación conta coa app Pontecomercio, que permite artellar iniciativas en ámbitos locais, comarcais ou provincial e coa que se desenvolveu unha recente campaña no Nadal. Nesta liña, a entidade pretende realizar unha “acción potente” dende a vindeira primavera baixo a denominación Pontedeprimavera.

A Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados conta na actualidade con 6.500 establecementos adheridos dos 14.000 que hai en toda a provincia e ten representación das asociacións de Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, Cuntis, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía, Meis, Ribadumia, A Illa de Arousa, Vilanova, Lalín, A Estrada, Vila de Cruces, Ponteareas, A Cañiza e Tomiño, o que supón o 85% das existentes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí