Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Maica Larriba alerta de que os ciberdelitos creceron máis dun 200 % nos primeiros cinco meses do ano

A subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu hoxe a Xunta Provincial de Seguridade na que se analizaron os datos das infraccións penais rexistradas na provincia durante os primeiros cinco meses do ano.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu hoxe a Xunta Provincial de Seguridade na que se analizaron os datos das infraccións penais rexistradas na provincia durante os primeiros cinco meses do ano.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Junio de 2022

Fuente: Subdelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe a celebración da Xunta Provincial de Seguridade na que se analizaron as cifras de delincuencia e infraccións penais rexistradas na provincia durante os primeiros cinco meses do ano. Acudiron ao encontro diversos responsables das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en Pontevedra, entre os que se atopaban o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, e o comisario xefe de Operacións da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro García.

 

A comparativa interanual realizouse tendo en conta os meses de febreiro e marzo de 2019 e non os de 2020 e 2021, xa que estas anualidades foron anómalas debido ao confinamento e outras medidas e restricións derivadas da situación sanitaria.

 

Tras analizar os datos achegados polos principais mandos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado da provincia, a subdelegada concluíu que “estes son, en liñas xerais, bos. Non obstante, continúa a preocupar o incremento das estafas por Internet, que nos primeiros cinco meses do ano aumentaron por riba do 200 %”. Tal e como transmitiron todos os responsables policiais presentes na Xunta, estes delitos continúan a crecer mes a mes e lastran as cifras xerais de infraccións penais da provincia. A subdelegada explicou que “as ciberestafas supoñen xa no territorio da Garda Civil —é dicir, en toda a provincia agás as grandes cidades—, unha de cada tres denuncias, chegando a contabilizarse só na comisaría de Vigo case 100 denuncias ao día durante o mes de maio”.

 

Maica Larriba aludiu tamén a outro problema que preocupa as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na provincia, que é o incremento das lesións leves provocadas por rifas e pelexas vinculadas, en moitas ocasións, ao ocio nocturno. Non obstante, subliñou que o resto de delitos rexistraron no que vai de ano descensos pronunciados.

 

Neste sentido, informou de que os roubos en vivendas caeron na provincia un 22 % e en establecementos comerciais un 45 %. Os furtos tamén rexistraron unha caída do 23 % e os restantes delitos contra o patrimonio descenderon nun 3,5 %.

 

Por cidades
En relación ás cifras globais rexistradas nas catro principais cidades da provincia durante o mes de maio, cabe destacar o incremento das estafas por Internet en Pontevedra, que aumentaron un 113 % con respecto ao mesmo mes de 2019. Unhas cifras que se ven compensadas polas caídas rexistradas noutro tipo de delitos, como os roubos con forza, que descenderon nun  41 %, os delitos contra o patrimonio, que baixaron un 34 %, e os furtos, que se viron diminuídos nun 52 %.

 

En Vilagarcía, os furtos tamén descenderon nun 81 % e os roubos violentos nun 66%. Marín rexistra, así mesmo, cifras moi similares, constatando unha diminución do 50 % en roubos e do 7 % nos delitos contra o patrimonio.

 

“En conclusión —afirmou a subdelegada— é posible falar dunha reactivación dos pequenos delitos como os furtos, as rifas ou pelexas con lesións, que descenderan por mor da pandemia, así como dunha baixada do resto de delitos, agás daqueles que se producen en Internet, e en especial, das ciberestafas, que aglutinan o 80 % das denuncias neste ámbito”.

 

Neste sentido, Maica Larriba volveu a alertar da importancia de extremar as precaucións á hora de realizar operacións en Internet. “Debemos ser moi precavidos cando navegamos en Internet, xa sexa no ordenador, na tableta ou no móbil, e, sobre todo, cando realizamos operacións que implican compartir datos persoais. A ciberdelincuencia é un fenómeno en auxe e que xa afecta de cheo a nosa provincia, e ante o cal é fundamental a prevención”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí