Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba anima á veciñanza da provincia a aproveitar os fondos europeos para a rehabilitación enerxética de vivendas

Máis de 200.000 veciños e veciñas da provincia poden beneficiarse destas axudas

Máis de 200.000 veciños e veciñas da provincia poden beneficiarse destas axudas

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Enero de 2022

Fuente: SubDelegación do Goberno en Pontevedra

A subdelegada do Goberno en Pontvedra, Maica Larriba, visitou esta mañá o Concello de Cuntis onde se reuniu co seu alcalde, Manuel Campos, para explorar as axudas do Programa PREE 5000 de Rehabilitación Enerxética de Edificios, financiado con fondos europeos e que impulsa o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A subdelegada destacou que este Programa materializa “o compromiso do Goberno coa cohesión territorial e a rexeneración urbana mediante a transferencia á Xunta de Galicia de 3,8 millóns para axudas directas para a rehabilitación enerxética de edificios”.

Unhas axudas ás que poden optar todos os veciños e veciñas deste concello así como todas as persoas da provincia que residen nos chamados concellos do Reto Demográfico, é dicir, aqueles municipios que contan con menos de 5.000 habitantes; ou aqueles que dispoñen de menos de 20.000 habitantes, pero ningún dos seus núcleos de poboación supera os 5.000. Maica Larriba quixo animar aos máis de 200.000 veciños e veciñas de Pontevedra residentes nestas localidades a solicitar estas axudas que permiten acometer a rehabilitación enerxética das vivendas, subvencionando ata o 100 % das obras.

O obxectivo é conseguir unha redución do 30 % do consumo de enerxía primaria non renovable dos inmobles e, ademais, mellorar a súa cualificación enerxética. As axudas son canalizadas e convocadas pola Xunta pero con fondos do Plan de Recuperación. Neste sentido, a subdelegada do Goberno demandou “a colaboración institucional e a implicación da Administración Autonómica para que non se perda nin un só euro destinado á recuperación de Galicia, como pasou coa última convocatoria do Plan estatal de Vivenda 2018-2021, que dos 82 millóns que o Goberno transferiu á Xunta, 40 millóns quedaron sen executar. A xestión debe ser eficaz e á altura dun tema tan sensible como o da vivenda”.

Así mesmo, Maica Larriba sumouse á demanda do delegado do Goberno, que solicitou á Xunta de Galicia que poña en marcha a figura do axente xestor. “Unha figura deseñada e demandada polo Goberno ás Comunidades Autónomas que sería de gran axuda, sobre todo, para que os pequenos concellos canalicen estas axudas e que garantiría unha xestión correcta destes fondos, que non podemos permitirnos perder”, explicou.

Plan de rehabilitación e rexeneración urbana

O Plan de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana contempla 6.820 millóns de euros en seis liñas. Catro están xestionadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e as outras dúas, polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Galicia dispoñerá a partir deste ano dunha cifra histórica de 230 millóns de euros para transformar vivendas, cidades e vilas, coas que poderán ser financiadas máis de 3.000 actuacións en fogares galegos e construír 1.100 vivendas de alugueiro social.

Como sucede nesta convocatoria, os programas materialízanse a través dun modelo de cogobernanza coas comunidades autónomas e as entidades locais, ás que o Goberno transfire fondos para que executen directamente ou ben realicen convocatorias de axudas, en función de cada programa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones